domingo, 28 de junio de 2020

sábado, 13 de junio de 2020

Fin de curso!

Coa chegada da nova normalidade a Galicia damos por rematadas as tarefas académicas do confinamento e desescalada.
Esta semana (a nº 14, xa!) enviade as actividades que teñades sen entregar das semanas anteriores.

Vémonos o 25 ou 26 para achegar libros da biblioteca, ordenadores Abalar e recoller o voso expediente ( en secretaría a vosa nai ou o voso pai) e  vós, o material escolar que tedes na aula.

Estas son as quendas para que poidades vir a recoller o voso  material e expediente, escollede o día que mellor vos vaia.Podedes facer cambios entre vós se vos interesa outro horario. Traede a mochila para levar todo. Vide  con máscara e respectade a  distancia social.
Resistimos ata  agora pero máis que nunca temos que seguir facendo as cousas ben.






Mentres podedes ir escollendo algún libro para ler este verán, agardamos que atopedes algún do voso gusto. Encargádeos xa nas librarías pois varios son novidades e igual aquí non os teñen aínda.









Probade este xogo do blog de Orientación, chulo, non?




Vémonos  esta semana na última videoconferencia no horario acostumado e coa ligazón de sempre, e o 25 ou 26 na escola!



Xa tedes as últimas  notas de Primaria!

Noraboa, traballo ben feito! Sabemos que podedes, agora moito ánimo e bo traballo en Secundaria!
Sempre seremos a vosa ESCOLA. Grazas por deixarnos acompañarvos nesta viaxe tan importante para a vosa vida.
Aquí vos deixamos en nome de todo o Centro este agasallo de despedida.




 Bo verán! Ata sempre!

jueves, 11 de junio de 2020

Paso a Secundaria!

Boas rapazada de 6º, xa case de secundaria!

Aquí vos deixamos unha ligazón para informarvos e tranquilizarvos no paso ao instituto.


Preme!

 Está no blog de Orientación dende o 4 de maio, pero algúns non a atopavades!

Lembrade que o 29 é a data en que ides a matricularvos e teredes que confirmar as optativas.
Ante calquera dúbida orientacioncouceirofreijomil@gmail.com

viernes, 5 de junio de 2020

13ª semana de confinamento.

Xa está rematando o curso e o tempo convida máis a pasear e a xogar que a teletraballar polo que esta semana optamos por menos e máis lixeiras tarefas escolares.

Galego: Imos traballar a expresión oral, aínda que para ter máis seguridade da calidade podedes facelo antes por escrito, si o vedes preciso, e consultar as dúbidas, co dicionario, coa titora, cos vosos pais,...


  •  Roberto pediuvos que fixerades un video ben curto, sobre 10 segundos, onde digades unhas palabras de despedida do cole. Esta despedida deberá ser en galego.

  • Esta semana teremos videoconferencias temáticas: o luns ás 4:30 videoconferencia coa Orientadora,6ºA , e o martes ás 4:30 6ºB . Preparade as preguntas para consultar todas aquelas dúbidas que teñades sobre o instituto, o paso a secundaria, as optativas, matrícula, libros, horarios, agrupamentos...Tede  unha cuestión ou máis pois todos e todas deberemos participar. A lingua utilizada será o galego. Sempre podedes consultar as vosas dúbidas directamente coa orientadora en orientacioncouceirofreijomil@gmail.com

  • Coa pandemia o noso PDI "No Couceiro pola Igualdade" quedou freado pois quedaron actividades sen rematar e outras sen iniciar si quera, mais sempre podemos e debemos vivir en igualdade , estes carteis elaborados polo concello nolo recordan. Botádelles un ollo. Lembrade sempre o noso lema de Entroido "Que a igualdade non sexa un disfrace" e que o traballado no proxecto se vexa nas nosas actitudes na vida cotiá e non que só no papel.

































Castelán e Naturais: Entrega do traballo monográfico.


Matemáticas e Sociais: O luns teredes colgadas as fichas nos libros dixitais.

Biblioteca: Antes de que marchedes da escola Güino precisa saber a vosa opinión sobre a nosa biblioteca escolar, "O Xardín do Pasatempo". Se queredes colaborar cubride a enquisa que está no blog da biblioteca, só se debe facer unha vez e na semana do 8 ao 12 de xuño.


Educación Física: Visitade o blog  https://ceipcouceiro.wixsite.com/efisicacouceiro/


Inglés:

Ata Venres  12de xuño:
  • Tema do smart classroom "School trip", ler a gramática e facer os exercicios:
    4ª páxina "Future plans" e 5ª páxina "There will be a party!"


miércoles, 3 de junio de 2020

Vídeos pasados, presentes e para o futuro!

Aquí vos deixamos a montaxe coa publicidade en Galego que mandáchedes como tarefa da semana pasada.

Parabéns!



Grazas por participar nas videoconferencias! A todos os profes e as profes fíxonos moita ilusión vervos.
Mirade a curtametraxe que gravou para compartir na charla Álex. Que ben feita!




E iste é o vídeo que tamén quería o profe Roberto que virades. Canto medráchedes!!!





Na videoconferencia Roberto pediunos que fixeramos un video ben curto, sobre 10 segundos, onde digades unhas palabras de despedida do cole. Logo el fará unha montaxe con todos os vosos vídeos e fotos que poña el do arquivo da escola.

Procurade falar un galego correcto. É a tarefa de Lingua Galega da vindeira semana, e xa estades rematando 6º. Ante calquera dúbida consultade co dicionario ou coa profesora.

Animádevos, entre esta semana e a próxima mandade a vosa despedida a   ceipcouceiro@gmail.com
Non vos despistedes, queremos que esteades todos e todas!

domingo, 31 de mayo de 2020

12ª semana de confinamento.

Esta semana imos cambiar de tipo de actividades para entregar. Teremos menos  traballos  e máis longos, de pescuda e  de redacción sobre un terma proposto.
En Castelán e Naturais continuamos co iniciado a semana pasada sobre a desescalada desta pandemia que nos ten confinados nas casas sen poder traballar xuntos na escola.
En Galego e en Sociais realizaremos un traballo sobre as Comunidades Autónomas. Tedes a estrutura colgada no libro de Sociais. Deixámosvos actividades e  ligazóns que vos poden axudar.
En Matemáticas voltamos sobre as áreas das principais figuras planas e sobre as súas medidas. Tanto aquí como na ficha que tendes no libro hai un recordatorio dos coñecementos principais.
Inglés:
Ata Venres  5 de xuño:
  •  Completar Actividades Review pupil's book 1, 2, 3 and 4.
  • Tema do smart classroom "School trip", ler a gramática e facer os exercicios:
  1. Finalizar 1ª páxina "I was... studying English!" os que non a remataran.
  2. 2ª páxina "Go camping" (5 exercicios)
  3. 3ª páxina "Have you ever seen the rain?" (6 activities)


 Como sempre utilizade tanto o libro como este blog para reforzar os coñecementos adquiridos no 1º e 2º trimestre e para poder facer as tarefas ben e  con facilidade.

 Para o traballo sobre as Autonomías:







Para pescudar:

Portales de internet de las Comunidades Autónomas





El folklore en España de guest4c0b157

Para repasar Matemáticas:







Feliz Semana!