jueves, 28 de marzo de 2019

Que ben o pasamos no club de lectura!

Onte visítou o Club de Lectura dos quintos, Ánxela Loureiro. Autora do libro que están a ler: "Choiva de ras".

Preme e infórmate!








Chegou ao "Xardín do Pastempo" coa guitarra ao lombo e tamén con fantasía, poesía, música e marcha, moita marcha. 

As nenas e nenos do club de lectura da man de Ánxela souberon o que é unha verdadeira choiva de ras.



Que é dentro dun conto un protagonista e un antagonista. Quen é que dentro da marabillosa historia protagonizada pola ra RaMona. 




Mais tamén, guiados pola guitarra de Ánxela, converteron a poesía que enche a historia de Ramona  en pequenas cantigas que a escritora aprendíalles entre explicación e expluicación.


O alumnado gozou dunha sesión diferente do club de lectura que continuará dirixido poe Alejandra, Lucía e Sonia, mestras do equipo da biblioteca. Pero agora que xa coñeceron á autora e a súa obra lerán as aventuras de RaMona cunha ollada diferente.


Para rematar a xornada fixeron preguntas, bailaron é Ánxela asinoulles os seus libros.

Grazas ao alumnado polo entusiasta participación, ás profes que dirixen os clubes de 5ºA e 5º B e sobre todo a Ánxela por compartir o seu tempo con nós.
Parabéns!


miércoles, 27 de marzo de 2019

O Sistema Solar, unha viaxe diferente

Visitou o noso centro Paulino Gasalla, coordinador de la sección de Astronomía de la Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Da súa ma  o alumnado que participa no Proxecto Intercentros O Sisitema Solar coñeceu novos datos sobre os astros que conforman o Sistema Solar, da Vía Láctea e da vida e tamaño das estrelas.


O público, nenos e nenas de 4º a 6º de primaria, asistiron entusiasmados polos novos descubrimentos que Paulino lles achegou e curioso, interaccionando con el tanto para amosarlle os seus coñecementos como para trasladarlle as súas dúbidas.







Non houbo tempo para tantas cuestións e o relator propúxolles  unha experiencia diferente: nin máis nin menos que realizar unha viaxe ao universo a bordo dunha nave espacial, con saída desde o planeta Terra, para percorrer o Sistema Solar, a Vía Láctea, satélites, cometas, etcétera. Mais para esta nova  viaxe a actividade será en cada aula.
Xa lles tarda !



Moitas grazas Paulino!!

lunes, 25 de marzo de 2019

Día da Poesía e do Teatro

Xa chegou a primavera e o no noso cole adoita vir chea de teatro e de poesía.




O 21 de marzo, celébrase o Día da Poesía  De acordo coa decisión da UNESCO, o principal obxectivo desta acción é apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

O alumnado de 6º B e 5º A recitou versos de Rosalía de Castro, de Manuel María, Paula Carballeira e Edita Nogueira. Escolléronos  ademais de pola súa beleza pola súa temática, a alimentación, dentro do PDI deste curso. 




O 27 de marzo festéxase o Día Mundial do Teatro. Na nosa escola o teatro nace como una ferramenta pedagóxica de 1º nivel hai moitísimos anos.

Nenos e nenas de 5ºA presentaron "A revolución das verduras" e o alumnado de 6ºA  "Farsa e xustixa do correxidor".





As nenas e nenos máis vellos do cole ao longo deste trimestre están a desenvolver a temática do PDI  "Bo Proveito" na literatura, logo de pescudar no 1º trimestre na alimentación na pintura.
Aproveitaron este festival para presentar a toda a escola algún dos produtos finais do seu traballo.

Nestes vídeos podedes lembrar as súas actuacións:









Dentro do festival, como cada ano, convocamos  o  Certame de Poesía  CEIP “Couceiro Freijomil”. E xa van once! A temática das poesías a  presentar neste certame é A ALIMENTACIÓN. 
Escoitaremos as poesías finalistas no Festival das Letras Galegas e Güino terá agasallos para todas elas.
Para ir "abrindo boca" podedes coller libros da selección que está no moble da entrada da nosa biblioteca.



Lembrade que as poesías deberanse elaborar nas aulas e presentaranse antes do 10 de maio na biblioteca.
 Moito ánimo, seguro que este ano teremos versos ben apetitosos!


miércoles, 20 de marzo de 2019

Os Climas


Aquí deixámosvos esquemas e actividades para fixar os contidos principais destes temas de Sociais:









Logo de ver os esquemas podes xogar premendo nesta imaxe








lunes, 18 de marzo de 2019

Os ecosistemas

En Naturais comezamos un tema ben importante. A ecoloxía da que depende o futuro do noso planeta baséase no equilibrio, conservación e coidado dos ECOSISTEMAS. Ademais do contido do tema e das actividades desenvolvidas en clase convidámosvos a que xoguedes , premendo nas imaxes nas seguintes.








viernes, 1 de marzo de 2019

Entroido 2019


 Xa vivimos a festa na escola, agora a vivila en familia, pola vila, nas comparsas...
Pasádeo moi ben e lembrade que para xoves queimaremos o Antroido.
Felices vacacións!




Xa de volta, e para despedir a festa, choramos e cantamos o "Xa Morreu" na Queima do Antroido.
 O cadaleito levárono os nenos e nenas de 6º.
A comitiva acompañou o finado vestida de negro en sinal de loito.
 Aquí quedan imaxes da Queima do Entroido que pon fin ao carnaval.



Para ter máis información desta festa podedes visitar o blog  da biblioteca, esta imaxe enlaza coa entrada correspondente.

Máis información, premendo na imaxe