viernes, 15 de febrero de 2019

O Sistema Solar

Estamos a participar no Proxecto Intercentros "O Sistema Solar en Ferrolterra" e aínda que nós representamos o planeta anano Plutón non por iso deixamos de botar unha ollada a todo o Sistema Solar.


O alumnado de 4º este trimestre está a traballar a relación da mitoloxía coa astronomía centrándose en Plutón.


Os nenos e nenas de 6º están a elaborar gráficas con diferentes medidas dos planetas, órbitas, distancias, etc.


E o alumnado de 5º está a estudar o Sistema Solar no seu conxunto ademais de ter traballado o planeta que lle corresponde ao noso centro.
Mentres que as nenas e nenos de 5º B están a construir planetarios, a rapazada de 5º A rematou hoxe coa presentación dos libros de lapelas que fixeron en pequeno grupo. Cando todos  lean os dos demais, exporémolos a carón da correspondencia interplanetaria, na entrada do cole.




















                                 
















miércoles, 13 de febrero de 2019

Demostración maxistral de Emma aos mandos da freixoeira



Sobremesa de Entroido

Onte veu Emma, a nai de Ana de 5ºB, e fíxo freixós para toda a rapazada de 5º.



Trouxo unha freixoeira ou filloeira e foinos facendo mentres nos explicaba unha chea de cousas interesantes:

  • Ela segue a receita que aprendeu da súa avoa.
    • Para 4 litros de auga
    • 8 ovos
    • 250 g de fariña do país.
    • 225 de fariña branca.
    • Touciño para engraxar a filloeira ou a tixola.






  •  Contounos tamén que agora é màis doado pois temos cociñas modernas e non hai que estar tan pendente do lume como cando se facían no trespés queimando carozos de maínzo.
  • Tamén nos falou das variedades segundo a zona de Galicia ou dos diferentes países.
  • mentres facía os freixós falamos do Entroido, do pratosprincipal  desta festa e doutras sobremesas.
  • Ao final degustamos un delicioso freixó. Que ben arrrecendía todo o cole!












Aquí  cóntannolo todo!






domingo, 10 de febrero de 2019

Preparando o Entroido!

Xa estamos no tempo do Entroido aberto na nosa zona tradicionalmente coa Candieira (2 de febreiro).
Nas casas xa comezamos a preparar sobremesas propias de Entroido e no cole xa andamos a voltas coas comparsas, disfraces, cantigas,...
En 5º  ata  imos facer filloas  coa axuda de Enma, a nai de Ana de 5º B. Como tamén estamos a traballar as familias léxicas, os campos semánticos, o vocabulario da cociña...Aquí vos deixamos unha ligazón para ampliar e usar de maneira axeitada o vocabulario da cociña e da alimentación.

Pasade un bo rato, veredes que interesante!

PETISCAMOS PALABRAS!

PREME E APRENDE


Posto que este Entroido seremos os mellores e as mellores traballadores da cociña, do restaurante, da panadaría, cafetaría... Aquí vos deixamos uns conselliños que fixeron nun cole de Muxía para que falemos ben cando sexamos cociñeiros, chefs, panadeiras e panedeiros ou simplemente comensais.


Ide pensando no voso disfrace! 





 




ELEXIDE!!:

  • OS COCIÑEIROS E AS COCIÑEIRAS: Roupa branca , gorro branco, mandil negro. E todos os complementos que se vos ocorran para ir ben aquelados.
  • OS PANADEIROS E AS PANADEIRAS/ reposteir@s: Todos de branco, tamén o mandil e poderedes levar ferramentas ou cestas con pan, bandexas con bola, fariñas...
  • CHEFS: Faremos o gorro da cor da chaqueta que decidades e poderedes adornala e levar os utís que consideredes.
  • PEIXEIR@S: Roupa branca, mandil azul, botas e lubas plásticas e algún bo peixe xa traeredes!
  • FROITEI@S: Roupa , mandíl e gorro de cores contrastadas.Podemos adornar o disfraz con froitas de todo tipo!
  • CARNICEIR@S: Roupa escura e mandil branco, O machete que non corte!
( Os 2 modelos de gorros farémolos no cole)



E imos preparar xa a letra para a cantiga da comparsa de 5º e 6º. A música é dunha das vosas cancións preferidas  que escollestes en clase de Música.
Xa temos a letra, a ensaiar!!!









E mirade o baile! Ímolo ensaiar cos profes de E. Física pero na casa tamen podemos darlle!