lunes, 17 de diciembre de 2018

O Sistema Solar

Andamos a voltas co universo, as galaxias, as estrelas, o noso Sol e chegamos a Plutón.
Hoxe imos presentar Plutón aos demais astros do sistema solar. xuntaremonos para ler e enviar por correo galácticoo saúdo do noso planeta . Xa verán que eso de anano...

Cada día veñen novas do universo, froito da continua investigación dos científicos.
Nesta entrada tedes o último descubrimento do Sistema Solar.


Preme e verás...



E aquí tes un xogo para lembrar coñecementos xa asentados sobre o Sisitema solar e a Terra.



Boa viaxe plutonian@s!!!

lunes, 26 de noviembre de 2018

Madalenas de mazá. Bo proveito!

Este luns os alumnos de 5ºB e o luns pasado os de 5º A elaboraron nas súas casas
unhas saborosas receitas que fixeron para incluir no Libro de Receitas de Güino,
que están a confeccionar  todos os cursos de Infantil e Primaria.
Neste caso o prato elixido foi:
TORTA DE MAZÁ E MADALENAS DE MAZÁ.


Día contra a violencia de xénero

O alumnado do CEIP Couceiro Freijomil foi protagonista dos actos que organizamos
para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero. Ademais nenos e nenas de 6ºB
 plasmaron en imaxes a letra da canción de Rozalén

jueves, 22 de noviembre de 2018

Día Contra a Violencia de Xénero

Mañá non celebraremos, nen festexaremos, mañá tomaremos conciencia de que nós todos e todas nós somos a chave para un futuro sen violencia machista.
Aquí deixamos uns videos para preparar esta data.









Para reflexionar e debater:







No blog da biblioteca tedes os videos sobre as actividades do venres. Premede na imaxe!


Acentuación en galego

Recorda a acentuación en galego na primeira entrada deste blog





E despois...Practica a acentuación de ditongos e hiatos en galego pulsando na imaxe.





jueves, 15 de noviembre de 2018

Museo de Belas Artes

Celebración do Magosto e do peón


Terás máis información no blog da Biblioteca. Preme na imaxe!


PDI Bo Proveito: O prato do mes

No blog do EDLG " A Casqueira" din:
"Durante este curso no Taboleiro da Lingua estamos moi comellóns e comellonas, pois aproveitando que o PDI deste ano é BO PROVEITO, cada nivel de Educación Primaria e de Infantil, elaborará libremente una proposta culinaria relacionada coa nosa contorna e as tradicións típicas da tempada en Galicia. 
Os escritos faranse na nosa lingua e a asignación é por meses" .

Ollade as suxestións de outubro que elaboraron os sextos.



E agora   novembro  é o mes no que 5º A e B teñen que que facer as súas propostas:
5º B fará o prato principal, Arroz o forno con costelas , setas e castañas.
e 5º A a sobremesa Torta de mazá.
Como podedes ver un menú ben de outono, setas, castañas, mazás.

En 5º A a vindeira semana xa imos colgar a sobremesa no Taboleiro da Lingua, o luns teremos unha parva extraordinaria a base de degustación de tortas de mazá.
Tortas de mazá hai moitas aquí vos queda unha receita pero podedes facer calquera outra, a da vosa avoa , a que fai sempre papá, á que nos convidan os veciños,..



Eso si hai que traer a receita ben escrita e a proba para a degustación. Logo de probalas todas decidiremos que receita colgar no Taboleiro, a máis sinxela, a máis doce, a máis suave, a mellor presentada...
Non esquezades facer fotos mentres a elaborades coa axuda da familia!!

A receita tamén irá no libro de cociña de pratos de outono que está a facer Güino, o gardán da biblioteca.
Ánimo esta fin de semana toca cociñar!








Tamén estamos preparando o "Libro de Receitas de Outono" para Güino. 
5ºA incluirá a mesma sobremesa, mais 5ºB está a preparar unhas deliciosas "Madalenas de Mazá".
Ummm, cha cheira que arrecende!!!


domingo, 11 de noviembre de 2018

Museo de Belas Artes

Xa se achega o momento da nosa primeira saída do curso: O Museo de Belas
 Artes de A Coruña.
.

Día do Recordo


As profesoras que viaxaron a Cardiff, Gales, no Reino Unido






 dentro do Proxecto Europeo Inclusión e Convivencia: compromiso europeo compartido



ademais de facer un curso de formación, voltaron moi sensibilizadas coa conmemoración que estaban vivindo en todas as escolas de Cardiff, nas rúas, nos edificios oficiais,... e achégannos información, as súas vivencias, follectos, libros... arredor desta data, do Día do Recordo, Poppy Day.


Ás 11 horas do día once do mes once hai 100 anos, sabedes o que pasou???








Ás once da mañá, do día once, do  undécimo mes de 1918, tal como reza a  firma do  armisticio co que se deu por  aca­ba­da,  for­mal­men­te, a  Pri­mei­ra  Gue­rra  Mun­dial.

Un ano máis  tar­de, o rei  Jor­ge V do Reino  Uni­do  decla­rou que o día 11 de  novembro se  dedi­ca­ra a  honrar a  memo­ria dos caídos ­ na Gran  Gue­rra e, des­de  entón­ , o chaman o Remembrance  Day (Día do  Recordo), ou  Armis­ti­ce  Day (día do  Armis­ti­cio) conmemórase no Reino Unido e en todos os países da   Com­mon­wealth.

A profe Isabel e Mari trouxeron papoulas coas que as agasallaron nos colexios galeses. Por que papoulas?

Aquí tedes videos e  ligazóns que vos axudarán a comprender o que é o Poppies Apeal e o que foi a Gran Guerra.

O  sím­bo­lo del Poppy Day o día do  Recor­do en Lon­dres é unha papoula vermella. As flo­res da papoula medran  sil­ves­tres nos  cam­pos da rexión de Flan­des don­de se libra­ron moitas bata­llas da Gran Gue­rra aos que  fan refe­ren­cia os ver­sos do poe­ma dedi­ca­do ao tenien­te bri­tá­ni­co Ale­xis Hel­mer por par­te dun ami­go seu, o ciru­xán mili­tar cana­dien­se John McCrae, quen o escri­biu tralo seu  ente­rro.











 Para máis información sobre esta data e sobre a GRAN GUERRA premede na seguinte imaxe.



lunes, 29 de octubre de 2018

 Reunión de  titoria 5ºB

Xogamos coa divisibilidade

 Mira este video e verás como é doado saber si algúns números son divisibles por os primos sen facer divisións.



Preme na imaxe e practica cos criterios de divisibilidade.




viernes, 26 de octubre de 2018

miércoles, 10 de octubre de 2018

Idade Antiga

Estamos botando unha ollada a historia e prehistoria que xa estudamos en anos anteriores.
A parte da Prehistoria está no tema do libro con videos , a I. Antiga ademais colgamos aquí máis actividades:


















Que vos parece? Ollade esta sobre a cidade de Lugo, que pasado tan interesante, non?



martes, 2 de octubre de 2018

Benvid@s!!

   
Este vai ser un blog que nos vai axudar na clase, para afianzar coñecementos, pescudar, xogar...
Nesta primeira entrada deixámosvos actividades variadas dos primeiros temas.
A pasalo ben!!!


Aquí tedes unha actividade sobre alimentación para que sexades uns ananos ben altos e saudables.
Premede na imaxe!!!!



Para repasar a acentuación en galego pasade un bo rato nesta actividade:



Agora un vídeo para afianzar os números romanos que estamos a dar en mates: