No blog do EDLG " A Casqueira" din:
"Durante este curso no Taboleiro da Lingua estamos moi comellóns e comellonas, pois aproveitando que o PDI deste ano é BO PROVEITO, cada nivel de Educación Primaria e de Infantil, elaborará libremente una proposta culinaria relacionada coa nosa contorna e as tradicións típicas da tempada en Galicia.
Os escritos faranse na nosa lingua e a asignación é por meses" .
Ollade as suxestións de outubro que elaboraron os sextos.
E agora novembro é o mes no que 5º A e B teñen que que facer as súas propostas:
5º B fará o prato principal, Arroz o forno con costelas , setas e castañas.
e 5º A a sobremesa Torta de mazá.
Como podedes ver un menú ben de outono, setas, castañas, mazás.
En 5º A a vindeira semana xa imos colgar a sobremesa no Taboleiro da Lingua, o luns teremos unha parva extraordinaria a base de degustación de tortas de mazá.
Tortas de mazá hai moitas aquí vos queda unha receita pero podedes facer calquera outra, a da vosa avoa , a que fai sempre papá, á que nos convidan os veciños,..
Eso si hai que traer a receita ben escrita e a proba para a degustación. Logo de probalas todas decidiremos que receita colgar no Taboleiro, a máis sinxela, a máis doce, a máis suave, a mellor presentada...
Non esquezades facer fotos mentres a elaborades coa axuda da familia!!
A receita tamén irá no libro de cociña de pratos de outono que está a facer Güino, o gardán da biblioteca.
Ánimo esta fin de semana toca cociñar!
Tamén estamos preparando o "Libro de Receitas de Outono" para Güino.
5ºA incluirá a mesma sobremesa, mais 5ºB está a preparar unhas deliciosas "Madalenas de Mazá".
Ummm, cha cheira que arrecende!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario