domingo, 26 de abril de 2020

7ª semana de confinamento!

O curso pasado a estas alturas estariamos organizando unha das festas máis importantes da nosa escola e da nosa Vila: A FESTA DOS MAIOS. Con moito esforzo e traballo conseguiamos xuntar tradición e innovación, escola e familia...para culminar a celebración sacando os nosos maios e cantigas polas rúas de Pontedeume acompañad@s de tod@s vós. Este ano será diferente pero está nas nosas mans que a tradición continúe máis que nunca vinculada á innovación, e que a escola camiñe máis que nunca unida á familia. Así que como non podía ser doutra forma, a familia couceirista unirase á Festa dos Maios da nosa Vila!


Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.

Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.
Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!
E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa.
Que a cultura non pare!

Deixamos aquí uns enlaces que poden servir de axuda:







Como imos estar tod@s tan atarefad@s cos Maios e o venres, 1º de maio, ademais é festivo, esta semana teremos menos actividades dentro dos libros dixitais. Todas elas deberedes mandalas ao correo da vosa aula ou ao do profesor especialista correspondente, segundo as vaiades rematando para que dea tempo a revisalas e reenvialas antes do 4 de maio.

MATEMÁTICAS: Tes unha ficha de repaso colgada no teu libro.

LINGUA GALEGA: Esta semana traballamos o vocabulario con exercicios e xogos. Ademais deberedes mandar unha redacción sobre o 1º paseo logo de seis semanas aiilados na casa. Botádelle imaxinación podedes darlle formato de carta, de nova nun xornal, de enquisa, en verso...

LINGUA CASTELÁ: Repasamos os determinantes cunha ficha que xa está no libro dixital.

NATURAIS: Continuamos cos diferentes reinos da natureza, ollade a tarefa no libro dixital!

SOCIAIS: Encrucillado sobre " O mundo que nos rodea"

Expres. PLÁSTICA:


At school we studied Pop Art. It´s an art movement of the second half of the 20th century which includes images from popular culture. It´s often simple, fun and colourful!

We studied Andy Warhol and now we are going to work about Keith Haring. He sometimes used black lines to make his work and sometimes used colours.

       



Your work:

Try to make your Pop Art work  in Keith Haring style.

You need: a piece of paper, black felt-tip pen, a dice and the worksheet with the instructions ( está nunha foto máis abaixo e non é necesario imprimir pois só se necesita para mirar que temos que debuxar)

First, we start with the head, throw the dice (tira o dado) and draw the type of head according to the number.

Go on with all the parts.

Send me your work at escolaferrado@gmail.com





PDI "NO COUCEIRO POLA IGUALDADE": Fai esta actividade interactiva

Preme!
INGLÉS:
Ata venres 1 de maio:
-Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
5ª páxina: "Your shopping cart" Activities 2, 3, 4, 5, 6 & 7
6ª páxina: "Free shipping!" Activities 2, 3, 4, 5, 6, 7 & 8
-Media horiña de duolingo New Assignment: Cafeteria
 (Lembrade enviar os traballos de Inglés a english.couceiro@gmail.com)
E. FÍSICA: Non deixedes de visitar o seu blog para continuar este illamento mnaténdovos en forma:   https://ceipcouceiro.wixsite.com/efisicacouceiro/



VIDEOCONFERENCIA: Próximamente tentaremos xuntarnos a través das pantallas dos nosos ordenadores, tabletas ou móbiles para falarmos e vernos as caras. Mandaremos a ligazón data e hora por abalarmobil, todos os vosos pais e nais o teñen dende que miraron as notas,  mentres ollade este titorial coas explicacións.






Xa sei que tedes dúbidas, inquedanzas, preocupacións sobre o paso á ESO. Non vos preocupedes que estades a facelo moi ben. Mais todas as preguntas que teñades mandalas ao Departamento de Orientación, Isabel está a traballar de forma coordinada co IES "Breamo" e ela vos axudará.
Comunicádevos con ela tanto os vosos pais e as nais como vós no seguinte enderezo:  orientacioncouceirofreijomil@gmail.com

Visitade o blog de orientación:  http://couceirorienta.blogspot.com/

viernes, 17 de abril de 2020

6ª semana de aillamento polo Coronavirus

Como pasa o tempo!
Unha semana máis confinados e traballando dende casa. Ánimo, estades facéndoo moi ben.

Esta é unha semana especial para tod@s aos que nos gusta ler. Güino ten unha pequena tarefa para toda a Comunidade Educativa. É ben doada e permitiranos facer un vídeo con imaxes de todas as familias do colexio lendo.
Premede na imaxe e veredes  o video!
#euquedonacasalendo
Grazas polas vosas fotos!!!
Ollade que conto con papiroflexia nos manda o noso compañeiro Juan Luis 



                                              Parabéns!!!
Aquí vos deixamos as tarefas para a 6ª semana de confinamento:

Procuramos varialas para non caer na monotonía ao tempo que seguimos reforzando os coñecementos, ferramentas, capacidades básicas traballadas no 1º e 2º trimestre.

Imos aló!

GALEGO:
Primeiro mirade este vídeo e logo ide ao libro e alí tedes os traballos de Lingua Galega a partir deste conto.




CASTELÁN:
 Escoitade este audio, premendo na URL, dúas ou máis veces para logo realizar as tarefas colgadas no libro de castelán que logo enviaredes por correo electrónico.

https://drive.google.com/open?id=1-yOjx5fHtPyU2Y2DsBIpVaTF6ckE97kT

NATURAIS:
Preme na imaxe, fai esta actividade interactiva e logo no libro de naturais terás as tarefas da semana para enviar á túa titora.

SOCIAIS:
Entra no libro e alí tes un traballo que debes facer ao longo desta semana  e enviar ao correo da titoría.

MATEMÁTICAS:
 Veña un novo reto, algúns aínda debedes o da semana pasada!! Este é máis doado, non é? Explicade nunha mensaxe a razón destas operacións.

E un xogo de cálculo mental!


E non esquezas mirar o libro de matemáticas. Envía a ficha por mail logo de facela.

MÚSICA:
Enviade os traballos ao correo da Aula de Música: couceiromusical@gmail.com
As tarefas están no blog de música  https://couceiromusical.blogspot.com/

 FRANCÉS: 
Tedes as tarefas no libro dixital.

INGLÉS: 

Ata venres 24 de abril:
-Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
3ª páxina: "In the greengrocers"
4ª páxina: "Many or much?"
-Media horiña de duolingo New Assignment: tienda
Ata luns 27de abril:
Write a postcard in office Writer telling the class  about your coromavirus confinement.
 Add one or two pictures.
     - What do you like the most about this confinement? What don't you like at all? What's the worst of it?
     - What would yoy like to do first when this situation finish?
Send the postcard by e-mail to: english.couceiro@gmail.com 
VALORES: Ficha en el Tema 1 del libro.

E: FÍSICA:  



lunes, 13 de abril de 2020

3º Trimestre!

Boas rapazada de sexto! Xa queda menos!

Estamos na 1ª semana do 3º trimestre a xa na 5ª de confinamento!
Ánimo seguro que estades facendo cousas que antes non faciades por falta de tempo: xogos de mesa, cociña, bailes, xogos en rede, etc.
Aquí vos deixamos retos, xogos e actividades para esta semana. Agardamos que ademais de entretervos vos sirvan para aprender e practicar o traballado na aula.
Non esquezades entrar no blog da biblioteca, Güino xa colgou algús "booktraillers" e está esperando polo voso!


  • 1º UN RETO matemático si, pero tamén de agudeza visual. Mandade a resposta vía mail. Non vós fiedes da 1º impresión, podedes ampliar a imaxe.



  • 2ª PROBA de Naturais e comprensión lectora:



  • 3º XOGOS de xeografía:






  • 4º O PREGUNTOIRO, para xogar só ou en compaña:




  • 5º CONTOS TOLOS, para botar unhas risas ao tempo que redactamos:



E agora as tarefas para enviar por correo electrónico para ser correxidas:
  • Cando abrades as diferentes materias do libro dixital (Lengua, Lingua, Mates, Sociais, Naturais e  Francés) veredes as tarefas para esta semana.

Fixádevos ben porque algunhas tarefas teñen unha folla de respostas para enviar por correo electrónico á profesora ou profesor correspondente e outras non teñen ficha para rechear e teredes que facer vós o documento en Word ou ben Libreoffice e envialo ao mail.
Podedes envialas segundo as vaiades facendo e así contestámosvos axiña.

  • Expresión Plastica:


Hi!!
Would you like to participate in the new challenge?

It’s called #sixfanarts.

You have to draw 6 different characters you like from books, comics, films, TV or videogames?
See the example:



I also give you the template (plantilla) or you can draw it in a piece of paper and some examples.

You can show me your artworks sending them to escolaferrado@gmail.com

I’m waiting for your work!! Come on!!
Ana

  • Inglés:
    • Ata venres 17 de abril:
      Digital book: Page 51lesson 8 Read & listen Activity 29
      Pupil's Book, Unit 4,page 51, Activity 29
      Activity Book, Unit 4, Lesson 8 Activity 24& 25
      Digital book: Activities 30 & 31 Project box (in Office writer or impress) presentación.
      -Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
      1ª páxina: "Buying things" Ver video, ler e facer os exercicios.
      2ª páxina: "Is there any?" Ler e facer os exercicios.
      -Media horiña de duolingo
  • Música: Visita o blog e verás as propostas da profe Cris:



  • E. Física: Tamén no blog, preme na imaxe!
  • Valores:
    • Lectura da páxina 4 do tema 6.
    • Actividade 1, desa páxina: Realizala individualmente e pegala na parede cerca do lugar onde utilizades o ordenador ou a consola. Vale en carrtolina ou en folio decorados pero que se vexan ben as vosas 10 normas para o bo uso das novas tecnoloxías, como Internet, o móbil ou os videoxogos. Enviade foto ao correo electrónico.
  • Relixión católica:
    • Para consultar:

    • Para ver:

-         Cuentos Infantiles: El león y el ratón
https://youtu.be/5ZmksHMjSec

Como axudou o ratiño ao león?



    • -         Manualidades
 Cuentas e cruces de arcilla:
esa mujer artista: Bead and clay crosses
http://www.thatartistwoman.org/2010/03/bead-and-clay-crosses.html?=1

    • Actividade:

-          " El hombre que hacía milagros"
https://vimeo.com/214703453

Elabora un " pasapalabra" sobre la película.




miércoles, 1 de abril de 2020

2ª AVALIACIÓN

AVISO IMPORTANTE:



 Segundo as Instruccións do 27 de marzo de 2020 enviadas pola
Consellería de Educación aos centros educativos, temos que realizar
avaliación do 2º trimestre tendo en conta todo o traballo realizado
ata o momento no que se declarou o estado de alarma.

As familias que desexedes visualizar o boletín coa avaliación dos vosos
fillos e fillas poderedes facelo descargando a aplicación"Abalarmóbil" 
no Google Play. Logo da descarga, pediravos o voso móbil e un código
que vos chega por SMS. A continuación teredes que establecer un
contrasinal. Se durante este proceso vos aparece unha mensaxe
indicando que non hai ningún teléfono vinculado, ou tedes algún
outro atranco, poñédevos en contacto co colexio a través do teléfono
881930480 ou no email ceip.couceiro.freijomil@edu.xunta.es 

Saúdos,
 A dirección

Preme e infórmate!
As notas publicaranse o venres 3 de abril ao mediodía.