Unha semana máis confinados e traballando dende casa. Ánimo, estades facéndoo moi ben.
Esta é unha semana especial para tod@s aos que nos gusta ler. Güino ten unha pequena tarefa para toda a Comunidade Educativa. É ben doada e permitiranos facer un vídeo con imaxes de todas as familias do colexio lendo.
Premede na imaxe e veredes o video!
#euquedonacasalendo |
Ollade que conto con papiroflexia nos manda o noso compañeiro Juan Luis
Parabéns!!!
Aquí vos deixamos as tarefas para a 6ª semana de confinamento:
Procuramos varialas para non caer na monotonía ao tempo que seguimos reforzando os coñecementos, ferramentas, capacidades básicas traballadas no 1º e 2º trimestre.
Imos aló!
GALEGO:
Primeiro mirade este vídeo e logo ide ao libro e alí tedes os traballos de Lingua Galega a partir deste conto.
CASTELÁN:
Escoitade este audio, premendo na URL, dúas ou máis veces para logo realizar as tarefas colgadas no libro de castelán que logo enviaredes por correo electrónico.
https://drive.google.com/open?id=1-yOjx5fHtPyU2Y2DsBIpVaTF6ckE97kT
NATURAIS:
Preme na imaxe, fai esta actividade interactiva e logo no libro de naturais terás as tarefas da semana para enviar á túa titora.
SOCIAIS:
Entra no libro e alí tes un traballo que debes facer ao longo desta semana e enviar ao correo da titoría.
MATEMÁTICAS:
Veña un novo reto, algúns aínda debedes o da semana pasada!! Este é máis doado, non é? Explicade nunha mensaxe a razón destas operacións.
E un xogo de cálculo mental!
E non esquezas mirar o libro de matemáticas. Envía a ficha por mail logo de facela.
MÚSICA:
Enviade os traballos ao correo da Aula de Música: couceiromusical@gmail.com
As tarefas están no blog de música https://couceiromusical.blogspot.com/
FRANCÉS:
Tedes as tarefas no libro dixital.
INGLÉS:
Ata venres 24 de abril:
-Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
3ª páxina: "In the greengrocers"
4ª páxina: "Many or much?"
-Media horiña de duolingo New Assignment: tienda
Ata luns 27de abril:
Write a postcard in office Writer telling the class about your coromavirus confinement.
Add one or two pictures.
- What do you like the most about this confinement? What don't you like at all? What's the worst of it?
- What would yoy like to do first when this situation finish?
VALORES: Ficha en el Tema 1 del libro.
E: FÍSICA:
Visitade o blog: https://ceipcouceiro.wixsite.com/efisicacouceiro/
No hay comentarios:
Publicar un comentario