Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.
Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.
Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!
E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa.
Que a cultura non pare!
Deixamos aquí uns enlaces que poden servir de axuda:
Como imos estar tod@s tan atarefad@s cos Maios e o venres, 1º de maio, ademais é festivo, esta semana teremos menos actividades dentro dos libros dixitais. Todas elas deberedes mandalas ao correo da vosa aula ou ao do profesor especialista correspondente, segundo as vaiades rematando para que dea tempo a revisalas e reenvialas antes do 4 de maio.
MATEMÁTICAS: Tes unha ficha de repaso colgada no teu libro.
LINGUA GALEGA: Esta semana traballamos o vocabulario con exercicios e xogos. Ademais deberedes mandar unha redacción sobre o 1º paseo logo de seis semanas aiilados na casa. Botádelle imaxinación podedes darlle formato de carta, de nova nun xornal, de enquisa, en verso...
LINGUA CASTELÁ: Repasamos os determinantes cunha ficha que xa está no libro dixital.
NATURAIS: Continuamos cos diferentes reinos da natureza, ollade a tarefa no libro dixital!
SOCIAIS: Encrucillado sobre " O mundo que nos rodea"
Expres. PLÁSTICA:
At school we studied Pop Art. It´s an art movement of the second half of the 20th century which includes images from popular culture. It´s often simple, fun and colourful!
We studied Andy Warhol and now we are going to work about Keith Haring. He sometimes used black lines to make his work and sometimes used colours.
Your work:
Try to make your Pop Art work in Keith Haring style.
You need: a piece of paper, black felt-tip pen, a dice and the worksheet with the instructions ( está nunha foto máis abaixo e non é necesario imprimir pois só se necesita para mirar que temos que debuxar)
First, we start with the head, throw the dice (tira o dado) and draw the type of head according to the number.
Go on with all the parts.
Send me your work at escolaferrado@gmail.com
PDI "NO COUCEIRO POLA IGUALDADE": Fai esta actividade interactiva
Preme! |
MÚSICA: Actividades en https://couceiromusical.blogspot.com/
INGLÉS:
Ata venres 1 de maio:
-Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
5ª páxina: "Your shopping cart" Activities 2, 3, 4, 5, 6 & 7
6ª páxina: "Free shipping!" Activities 2, 3, 4, 5, 6, 7 & 8
-Media horiña de duolingo New Assignment: Cafeteria
E. FÍSICA: Non deixedes de visitar o seu blog para continuar este illamento mnaténdovos en forma: https://ceipcouceiro.wixsite.com/efisicacouceiro/
VIDEOCONFERENCIA: Próximamente tentaremos xuntarnos a través das pantallas dos nosos ordenadores, tabletas ou móbiles para falarmos e vernos as caras. Mandaremos a ligazón data e hora por abalarmobil, todos os vosos pais e nais o teñen dende que miraron as notas, mentres ollade este titorial coas explicacións.
Xa sei que tedes dúbidas, inquedanzas, preocupacións sobre o paso á ESO. Non vos preocupedes que estades a facelo moi ben. Mais todas as preguntas que teñades mandalas ao Departamento de Orientación, Isabel está a traballar de forma coordinada co IES "Breamo" e ela vos axudará.
Comunicádevos con ela tanto os vosos pais e as nais como vós no seguinte enderezo: orientacioncouceirofreijomil@gmail.com
Visitade o blog de orientación: http://couceirorienta.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario