Se queredes compartilas con tod@s non dubidedes en enviar fotos ou vídeos e publicarémolas neste escaparate. Ánimo. Mirade o que nos manda Juan Luis!
TAREFAS PARA A SEMANA DO 4 AO 7 DE MAIO:
L.GALEGA:
- Practica nesta actividade o uso do feminino en galego. Ten varias páxinas e trae os resultados, xoga e aprende dos teus acertos e dos teus erros!
Preme! |
- Mira con atención esta imaxe sobre o xénero dos nomes das árbores e dos seus froitos.
- Agora xa estás preparado para facer a ficha que tes no libro sobre este tema. Cando teñas dúbidas consulta o dicionario. Deberás mandala, coma sempre, ao correo da túa titoría.
CASTELÁN:
- Primeiro xoga nesta actividade interactiva. Ten varias partes, chega ata o final.
- Logo fai a comprensión lectora que tes colgada no libro. Mándalla á profe!
MATEMÁTICAS:
- Agora fai os exercicios achegados esta semana ao teu libro. Xa sabes, ao rematalos os envías á profe para correxilos.
NATURAIS.
- Ademais de consultar polo libro podedes ver este vídeo para refrescar os coñecementos.
- Agora xoga nesta actividade.
- Xa estás preparado para realizar os traballos que tes no teu libro.
SOCIAIS:
- Esta semana imos repasar a xeografía física de Galicia ( en galego), España e Europa. Visita os mapas correspondentes ao relevo, ríos e costas.Primeiro mira e logo xoga.
- Despois de practicar cos mapas estarás preparado para realizar as fichas do libro.
VALORES:
- No tema catro do libro fálannos da EMPATÍA. Lembrades as actividades que fixemos na escola? Imos recordar relendo a páxina 1 do tema 4 do voso libro, vendo este vídeo e escoitando esta cantiga.
- Agora ides facer no caderno a actividade 1 da páxina 1 do tema catro e no ordenador a actividade 3 "Conta que che contarei". Esta última faina individual e mándaa á túa titora.
E. MUSICAL:
- Visitade o blog de Música
INGLÉS:7ª tanda
Ata luns 7de maio:
POÑERSE AO DÍA CO TRABALLO DE INGLÉS
Queridos pais, nais e alumn@s, dende a materia de inglés do centro quérovos manifestar, ante todo, o desexo de que esteades ben de saúde ánimo e a pasar esta situación da mellor das maneiras e libres de estrés ou sobrecargas.
De tódolos xeitos, ante a circunstancia de que, ate o de agora, levase recibido traballo unicamente por parte dun 60% do alumnado dos sextos, poño no voso coñecemento que a partires do próximo luns contactaremos cos vosos pais para saber da vosa actividade dentro da materia.
Especialmente a última tarefa, que engado embaixo, esta será das consideradas puntuables para esta terceira avaliación.
-Write a postcard in office Writer telling the class about your coromavirus confinement.
Add one or two pictures.
- What do you like the most about this confinement? What don't you like at all?
- What is the first thing you are doing when this finishes?
Send the postcard to your teacher's email.
-Media horiña de duolingo
No hay comentarios:
Publicar un comentario