domingo, 28 de junio de 2020

sábado, 13 de junio de 2020

Fin de curso!

Coa chegada da nova normalidade a Galicia damos por rematadas as tarefas académicas do confinamento e desescalada.
Esta semana (a nº 14, xa!) enviade as actividades que teñades sen entregar das semanas anteriores.

Vémonos o 25 ou 26 para achegar libros da biblioteca, ordenadores Abalar e recoller o voso expediente ( en secretaría a vosa nai ou o voso pai) e  vós, o material escolar que tedes na aula.

Estas son as quendas para que poidades vir a recoller o voso  material e expediente, escollede o día que mellor vos vaia.Podedes facer cambios entre vós se vos interesa outro horario. Traede a mochila para levar todo. Vide  con máscara e respectade a  distancia social.
Resistimos ata  agora pero máis que nunca temos que seguir facendo as cousas ben.






Mentres podedes ir escollendo algún libro para ler este verán, agardamos que atopedes algún do voso gusto. Encargádeos xa nas librarías pois varios son novidades e igual aquí non os teñen aínda.









Probade este xogo do blog de Orientación, chulo, non?




Vémonos  esta semana na última videoconferencia no horario acostumado e coa ligazón de sempre, e o 25 ou 26 na escola!



Xa tedes as últimas  notas de Primaria!

Noraboa, traballo ben feito! Sabemos que podedes, agora moito ánimo e bo traballo en Secundaria!
Sempre seremos a vosa ESCOLA. Grazas por deixarnos acompañarvos nesta viaxe tan importante para a vosa vida.
Aquí vos deixamos en nome de todo o Centro este agasallo de despedida.




 Bo verán! Ata sempre!

jueves, 11 de junio de 2020

Paso a Secundaria!

Boas rapazada de 6º, xa case de secundaria!

Aquí vos deixamos unha ligazón para informarvos e tranquilizarvos no paso ao instituto.


Preme!

 Está no blog de Orientación dende o 4 de maio, pero algúns non a atopavades!

Lembrade que o 29 é a data en que ides a matricularvos e teredes que confirmar as optativas.
Ante calquera dúbida orientacioncouceirofreijomil@gmail.com

viernes, 5 de junio de 2020

13ª semana de confinamento.

Xa está rematando o curso e o tempo convida máis a pasear e a xogar que a teletraballar polo que esta semana optamos por menos e máis lixeiras tarefas escolares.

Galego: Imos traballar a expresión oral, aínda que para ter máis seguridade da calidade podedes facelo antes por escrito, si o vedes preciso, e consultar as dúbidas, co dicionario, coa titora, cos vosos pais,...


  •  Roberto pediuvos que fixerades un video ben curto, sobre 10 segundos, onde digades unhas palabras de despedida do cole. Esta despedida deberá ser en galego.

  • Esta semana teremos videoconferencias temáticas: o luns ás 4:30 videoconferencia coa Orientadora,6ºA , e o martes ás 4:30 6ºB . Preparade as preguntas para consultar todas aquelas dúbidas que teñades sobre o instituto, o paso a secundaria, as optativas, matrícula, libros, horarios, agrupamentos...Tede  unha cuestión ou máis pois todos e todas deberemos participar. A lingua utilizada será o galego. Sempre podedes consultar as vosas dúbidas directamente coa orientadora en orientacioncouceirofreijomil@gmail.com

  • Coa pandemia o noso PDI "No Couceiro pola Igualdade" quedou freado pois quedaron actividades sen rematar e outras sen iniciar si quera, mais sempre podemos e debemos vivir en igualdade , estes carteis elaborados polo concello nolo recordan. Botádelles un ollo. Lembrade sempre o noso lema de Entroido "Que a igualdade non sexa un disfrace" e que o traballado no proxecto se vexa nas nosas actitudes na vida cotiá e non que só no papel.

































Castelán e Naturais: Entrega do traballo monográfico.


Matemáticas e Sociais: O luns teredes colgadas as fichas nos libros dixitais.

Biblioteca: Antes de que marchedes da escola Güino precisa saber a vosa opinión sobre a nosa biblioteca escolar, "O Xardín do Pasatempo". Se queredes colaborar cubride a enquisa que está no blog da biblioteca, só se debe facer unha vez e na semana do 8 ao 12 de xuño.


Educación Física: Visitade o blog  https://ceipcouceiro.wixsite.com/efisicacouceiro/


Inglés:

Ata Venres  12de xuño:
  • Tema do smart classroom "School trip", ler a gramática e facer os exercicios:
    4ª páxina "Future plans" e 5ª páxina "There will be a party!"


miércoles, 3 de junio de 2020

Vídeos pasados, presentes e para o futuro!

Aquí vos deixamos a montaxe coa publicidade en Galego que mandáchedes como tarefa da semana pasada.

Parabéns!



Grazas por participar nas videoconferencias! A todos os profes e as profes fíxonos moita ilusión vervos.
Mirade a curtametraxe que gravou para compartir na charla Álex. Que ben feita!




E iste é o vídeo que tamén quería o profe Roberto que virades. Canto medráchedes!!!





Na videoconferencia Roberto pediunos que fixeramos un video ben curto, sobre 10 segundos, onde digades unhas palabras de despedida do cole. Logo el fará unha montaxe con todos os vosos vídeos e fotos que poña el do arquivo da escola.

Procurade falar un galego correcto. É a tarefa de Lingua Galega da vindeira semana, e xa estades rematando 6º. Ante calquera dúbida consultade co dicionario ou coa profesora.

Animádevos, entre esta semana e a próxima mandade a vosa despedida a   ceipcouceiro@gmail.com
Non vos despistedes, queremos que esteades todos e todas!

domingo, 31 de mayo de 2020

12ª semana de confinamento.

Esta semana imos cambiar de tipo de actividades para entregar. Teremos menos  traballos  e máis longos, de pescuda e  de redacción sobre un terma proposto.
En Castelán e Naturais continuamos co iniciado a semana pasada sobre a desescalada desta pandemia que nos ten confinados nas casas sen poder traballar xuntos na escola.
En Galego e en Sociais realizaremos un traballo sobre as Comunidades Autónomas. Tedes a estrutura colgada no libro de Sociais. Deixámosvos actividades e  ligazóns que vos poden axudar.
En Matemáticas voltamos sobre as áreas das principais figuras planas e sobre as súas medidas. Tanto aquí como na ficha que tendes no libro hai un recordatorio dos coñecementos principais.
Inglés:
Ata Venres  5 de xuño:
  •  Completar Actividades Review pupil's book 1, 2, 3 and 4.
  • Tema do smart classroom "School trip", ler a gramática e facer os exercicios:
  1. Finalizar 1ª páxina "I was... studying English!" os que non a remataran.
  2. 2ª páxina "Go camping" (5 exercicios)
  3. 3ª páxina "Have you ever seen the rain?" (6 activities)


 Como sempre utilizade tanto o libro como este blog para reforzar os coñecementos adquiridos no 1º e 2º trimestre e para poder facer as tarefas ben e  con facilidade.

 Para o traballo sobre as Autonomías:







Para pescudar:

Portales de internet de las Comunidades Autónomas





El folklore en España de guest4c0b157

Para repasar Matemáticas:







Feliz Semana!

viernes, 22 de mayo de 2020

11ª semana de confinamento!

CASTELÁN E NATURAIS:


  • Esta semana ides comezar a realizar en castelán, e dentro da materia de Lingua Castelá, unha tarefa a presentar o 13 de xuño ou antes. Ides aprender a facer un TRABALLO MONOGRÁFICO, neste caso científico polo que tamén se valorará en CC.Naturais.

Colgámosvos ligazóns que pensamos vos poden axudar tanto na pescuda como na realización da tarefa.
 A estrutura do traballo e todos os detalles tédelos colgados para a súa presentación no voso libro de Lingua Castelá.








Descargar PDF con posibles  ligazóns para máis información, sempre podes pescudar pola túa conta noutras páxinas. Lembra contrastar e rerferenciar na última páxina do teu traballo.
ESFÓRZATE SERÁ TAN IMPORTANTE COMO A NOTA DUN EXAME E PARA AS DÚAS MATERIAS.

LINGUA GALEGA:
  • Para o traballo desta semana podedes mirar este titorial (está en castelán mais o voso traballo terá que estar en galego) e ler a páxina correspondente no libro de texto.






LINGUA CASTELÁ:

  • O traballo escrito que tes colgado no libro é de acentuación. Aquí deixamos unhas actividades para facer antes da ficha.




Le con atención e logo practica.

1º le e aprende logo preme e practica.

SOCIAIS:

  • Coma sempre tedes a tarefa desta semana no libro; pero para reforzar a xeografía volve os mapas interactivos xa colgados en semanas anteriores. Para o Sistema Solar podes interactuar na seguinte actividade.


NATURAIS:
  • Esta semana lembraremos a clasificación dentro do Reino Animal. Ademais de volver sobre o libro podes practicar nesta actividade antes de facer a tarefa semanal que terás que enviar á titora.






VALORES: 

  • Tes a tarefa no fibro!


INGLÉS:
  • Ata Venres  29 de maio: Actividades Review pupil's book 1, 2, 3 and 4.

(Smart Classroom "Going Shopping"Aínda Falta xente por completar actividades, facer listenings, visionar vídeos etc). Avisaráse aos pais do alumnado que non fixo a proba a través de abalar móbil.
Venres 29 reábrese en "Going Shopping" a proba de avaliación online do tema
de 11:30 a 12:30 para os que non remataron ou non a fixeron.

PLÁSTICA: 


  • Nesta ocasión imos visitar o Museo del Prado.

Comezamos o xogo “Encuentra los personajes” nos arredores do museo.
 Despois clica en “Entra en las salas” e aí baixando un pouco atopas “Plano familiar del museo del Prado” con distintas salas onde tedes que buscar personaxes.
Cando atopes os personaxes que piden clica en solucións e che dará información de cada un (a que cadro pertence, quen é o autor da obra, …) Ten moita información. Ánimo!!


Encuentra los personajes:

Entra en las salas: 

No canal de You Tube tedes información de varios cadros moi interesantes. Comezaremos por As Meninas, despois averigua cal che gusta máis.

As Meninas:

Segue aprendendo:

Realiza a túa versión do cadro que che guste máis.


MÚSICA:
MATEMÁTICAS:

  • Ademais da ficha que tedes no libro podedes practicar nestes xogos o vosocálculo mental.





domingo, 17 de mayo de 2020

10ª semana de confinamento:

Boa semana, rapazada de 6º!

Xa comeza o bo tempo así que procurade erguervos da cama máis cedo para ter a tarde libre para pasear e xogar, sempre gardando a distancia recomendada para entre tod@s superar esta pandemia.

Lembrade mandar a vosa palabra para a "Sementeira de palabras" antes do 20 de maio. Seguro que no luminoso Día das Letras deste ano escollíchedes unha palabra  ben chula.

De cada materia tedes as tarefas no libro dixital. Recordade visitar tamén o blog de Música. Mandádeas ao correo da mestra ou mestre correspondente segundo vaiades rematándoas. Non deixedes todo para o final da semana!



INGLÉS:

  • Ata Martes  19 de maio: Repaso de todalas actividades  Smart Classroom "Going Shopping"


           (Falta xente por completar actividades, facer listenings, visionar vídeos etc)


  • Martes 19 de 11 a 12:30 farase a proba de avaliación online do tema


          Os 15 exercicios publicaranse as 10 e pecharanse ás 11:30 nunha pestana ou páxina de "Going          Shopping"


  • Ata Venres  22 de maio Novo tema smart classroom "School trip"


           Primeira páxina: Reading and activities one to ten.





Aquí  vos dixamos unhas actividades interactivas que reforzarán as vosas aprendizaxes.

Pasade unha boa semana!













http://ares.cnice.mec.es/ciengehi/b/01/animaciones/a_fb12_02.html








viernes, 15 de mayo de 2020

Letras Galegas na casa.

Visita o blog da biblioteca, verás que xogos tan interesantes, un de pescuda especial para vós, os maiores da escola, e xa está a vosa presentación.
Pero atende á proposta de Güino para que participemos tod@s!

Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:

 Como dicía Manuel María "Galicia somos nós: a xente e mais a fala”.
 Pois nós, a xente do Couceiro,  cadaquén dende a súa casa, imos escoller unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
 Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Queredes? Atendede como o podemos facer :

  1. Escolle a palabra galega especial para ti. Ollade que palabra elexiu Güino!!!
  2. Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente.Podes darlle cor pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras.
  3. Colle outro folio e tamén  en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
  4. Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
  5. Para facer a SEMENTEIRA apañaremos palabras ata o mércores 20 de maio. Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e o curso.

Non chegues tarde!

viernes, 8 de mayo de 2020

9ª semana de confinamento!

Lembrade que para facer os traballos desta semana que tedes colgados no libro antes debedes practicar nestes xogos interactivos e tamén repasar polo caderno e/ou o libro.
É importante traballar cada día e non deixalo todo para o final, así poderemos ir intercambiando información para axudarvos cada día.
Ánimo estades facéndoo moi ben! 


MATEMÁTICAS:
  • Como para facer a ficha desta semana que tedes no libro xa tedes información de apoio dabondo tanto neste blog como no caderno e no libro dixital, imos resolver estes acertixos matemáticos. Mandade os resultados por correo.


  



  




CASTELÁN:
  • Para repasar os verbos podedes facer estes xogos, ademais de volver ao libro.



  • Agora xa podedes facer a ficha que tedes no libro sobre verbos.
  • Lembrades o sentido literal e figurado? Aquí tedes unha actividade que vos axudará antes de facer a ficha desta semana.


NATURAIS:
  •  A tarefa desta semana colgada no teu libro dixital. 
  • Aquí vos deixamos información sobre un o Parque Nacional das Illas Atlánticas para coñecer algo da riqueza  dos seus ecosistemas, igual este verán vos podedes acercar coa vosa familia. Son unhas illas marabillosas e próximas.  



SOCIAIS:
  • Entra nesta ligazón para lembrar os elementos e características do relevo en España. Logo tenta facer a ficha apoiándote no libro.



VALORES: 
  • Esta curtametraxe podedes vela todos e todas, por suposto. A min, ademais de gustarme, fíxome reflexionar sobre a nosa vida actual e como terá que ser logo do confinamento, cando saimos e teña que arrancar outra vez a nosa vida fóra das nosas casas. Como imos facer? Imos cambiar algo nos nosos comportamentos cara os outros? Seremos máis solidarios ou máis individualistas?
  • O alumnado de Valores ten ademais un traballo no libro que deberá enviar á súa titora.





GALEGO: 
  • Achégase o Día das Letras Galegas e, aínda que os actos centrais gárdanse para o 1º trimestre do vindeiro curso por non poderse levar a cabo o 17 de maio debido á pandemia, si que é tempo de irnos achegando á figura de Ricardo Carbalho Calero, el protagoniza este ano a honra de ser o escollido pola Real Academia como persoeiro a lembrar, coñecer e recoñecer. Aquí tedes actividades interactivas para realizar antes do traballo escriro que xa tedes no libro dixital como achega.


  • Agora entrade en EDIXGAL e no libro de galego tedes unha comprensión lectora sobre ea cidade de nacemento deste ilustre ferrolán.
E. PLÁSTICA:
  • May is the month of flowers.

    In this occasion you have to watch this video and try to make the flower.

        https://www.youtube.com/watch?v=6XXBFxIU5jM 

            Send your pictures at escolaferrado@gmail.com


            E. MUSICAL:

            INGLÉS:
            • Ata venres 15 de maio:

              •   -Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):

              •   7ª páxina: "Giving information" Activities 1,2, 3, 4

              •   8ª páxina: "Animal lovers" Activities 1,2, 3, 4,5

              •   Repaso de todas as actividades  O Martes 19 de 11 a 12:30 farase a proba de avaliación online do tema(é só das oito páxinas do "smart netex")


            viernes, 1 de mayo de 2020

            Oitava semana de confinamento!

            Estes días estades a facer na casa coa axuda das mamás e dos papás tarefas ben interesantes: Manualidades, receitas de cociña,bailes, cantigas...
            Se queredes compartilas con tod@s non dubidedes en enviar fotos ou vídeos e publicarémolas neste escaparate. Ánimo. Mirade o que nos manda Juan Luis!







             TAREFAS PARA A SEMANA DO 4 AO 7 DE MAIO:

            L.GALEGA:

            • Practica nesta actividade o uso do feminino en galego. Ten varias páxinas e trae os resultados, xoga e aprende dos teus acertos e dos teus erros!


            Preme!


            • Mira con atención esta imaxe sobre o xénero dos nomes das árbores e dos seus froitos.


            • Agora xa estás preparado para facer a ficha que tes no libro sobre este tema. Cando teñas dúbidas consulta o dicionario. Deberás mandala, coma sempre, ao correo da túa titoría.
            CASTELÁN: 
            • Primeiro xoga nesta actividade interactiva. Ten varias partes, chega ata o final.


            • Logo fai a comprensión lectora que tes colgada no libro. Mándalla á profe!


            MATEMÁTICAS: 






          • Practica o cálculo mental:



            • Agora fai os exercicios achegados esta semana ao teu libro. Xa sabes, ao rematalos os envías á profe para correxilos.
            NATURAIS.
            • Ademais de consultar polo libro podedes ver este vídeo para refrescar os coñecementos.




            • Agora xoga nesta actividade.


            • Xa estás preparado para realizar os traballos que tes no teu libro.
            SOCIAIS:
            • Esta semana imos repasar a xeografía física de Galicia ( en galego), España e Europa. Visita os mapas correspondentes ao relevo, ríos e costas.Primeiro mira e logo xoga.

            • Despois de practicar cos mapas estarás preparado para realizar as fichas do libro.
            VALORES: 
            • No tema catro do libro fálannos da EMPATÍA. Lembrades as actividades que fixemos na escola? Imos recordar relendo a páxina 1 do tema 4 do voso libro, vendo este vídeo e escoitando esta cantiga.








            • Agora ides facer no caderno a actividade 1 da páxina 1 do tema catro e no ordenador a actividade 3 "Conta que che contarei". Esta última faina individual e mándaa á túa titora.
            E. MUSICAL: 
            INGLÉS:7ª tanda
            Ata luns 7de maio:
            POÑERSE AO DÍA CO TRABALLO DE INGLÉS
            Queridos pais, nais e alumn@s, dende a materia de inglés do centro quérovos manifestar, ante todo, o desexo de que esteades ben de saúde ánimo e a pasar esta situación da mellor das maneiras e libres de estrés ou sobrecargas.
            De tódolos xeitos, ante a circunstancia de que, ate o de agora, levase recibido traballo unicamente por parte dun 60% do alumnado dos sextos, poño no voso coñecemento que a partires do próximo luns contactaremos cos vosos  pais para saber da vosa actividade dentro da materia.
            Especialmente a última tarefa, que engado embaixo, esta será das consideradas puntuables para esta terceira avaliación.
            -Write a postcard in office Writer telling the class  about your coromavirus confinement.
                            Add one or two pictures.
                           - What do you like the most about this confinement? What don't you like at all?
                            - What is the first thing you are doing when this finishes?
                           Send the postcard to your teacher's email. 
                 -Media horiña de duolingo


            domingo, 26 de abril de 2020

            7ª semana de confinamento!

            O curso pasado a estas alturas estariamos organizando unha das festas máis importantes da nosa escola e da nosa Vila: A FESTA DOS MAIOS. Con moito esforzo e traballo conseguiamos xuntar tradición e innovación, escola e familia...para culminar a celebración sacando os nosos maios e cantigas polas rúas de Pontedeume acompañad@s de tod@s vós. Este ano será diferente pero está nas nosas mans que a tradición continúe máis que nunca vinculada á innovación, e que a escola camiñe máis que nunca unida á familia. Así que como non podía ser doutra forma, a familia couceirista unirase á Festa dos Maios da nosa Vila!


            Podedes confeccionar un maio con material de refugallo e facer figuras e flores con papel, cartón, plástico ou calquera elemento que se vos ocorra. Coma sempre, a temática será libre e non esquezades que entre os seus elementos decorativos haxa flores, pois esa é a base dos nosos maios, pero este ano terán que ser feitas con material de reciclaxe.

            Cando teñades a vosa creación rematada, subide unha foto ou pequeno vídeo ás redes sociais coa etiqueta #pontedeumemaiosnacasa e etiqueta ao Concello de Pontedeume.
            Tamén podedes acompañar o voso maio dalgunha copla!
            E así, aínda que dun xeito diferente, non perderemos a ocasión de festexar esta tradición tan antiga e tan eumesa.
            Que a cultura non pare!

            Deixamos aquí uns enlaces que poden servir de axuda:







            Como imos estar tod@s tan atarefad@s cos Maios e o venres, 1º de maio, ademais é festivo, esta semana teremos menos actividades dentro dos libros dixitais. Todas elas deberedes mandalas ao correo da vosa aula ou ao do profesor especialista correspondente, segundo as vaiades rematando para que dea tempo a revisalas e reenvialas antes do 4 de maio.

            MATEMÁTICAS: Tes unha ficha de repaso colgada no teu libro.

            LINGUA GALEGA: Esta semana traballamos o vocabulario con exercicios e xogos. Ademais deberedes mandar unha redacción sobre o 1º paseo logo de seis semanas aiilados na casa. Botádelle imaxinación podedes darlle formato de carta, de nova nun xornal, de enquisa, en verso...

            LINGUA CASTELÁ: Repasamos os determinantes cunha ficha que xa está no libro dixital.

            NATURAIS: Continuamos cos diferentes reinos da natureza, ollade a tarefa no libro dixital!

            SOCIAIS: Encrucillado sobre " O mundo que nos rodea"

            Expres. PLÁSTICA:


            At school we studied Pop Art. It´s an art movement of the second half of the 20th century which includes images from popular culture. It´s often simple, fun and colourful!

            We studied Andy Warhol and now we are going to work about Keith Haring. He sometimes used black lines to make his work and sometimes used colours.

                   



            Your work:

            Try to make your Pop Art work  in Keith Haring style.

            You need: a piece of paper, black felt-tip pen, a dice and the worksheet with the instructions ( está nunha foto máis abaixo e non é necesario imprimir pois só se necesita para mirar que temos que debuxar)

            First, we start with the head, throw the dice (tira o dado) and draw the type of head according to the number.

            Go on with all the parts.

            Send me your work at escolaferrado@gmail.com





            PDI "NO COUCEIRO POLA IGUALDADE": Fai esta actividade interactiva

            Preme!
            INGLÉS:
            Ata venres 1 de maio:
            -Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
            5ª páxina: "Your shopping cart" Activities 2, 3, 4, 5, 6 & 7
            6ª páxina: "Free shipping!" Activities 2, 3, 4, 5, 6, 7 & 8
            -Media horiña de duolingo New Assignment: Cafeteria
             (Lembrade enviar os traballos de Inglés a english.couceiro@gmail.com)
            E. FÍSICA: Non deixedes de visitar o seu blog para continuar este illamento mnaténdovos en forma:   https://ceipcouceiro.wixsite.com/efisicacouceiro/



            VIDEOCONFERENCIA: Próximamente tentaremos xuntarnos a través das pantallas dos nosos ordenadores, tabletas ou móbiles para falarmos e vernos as caras. Mandaremos a ligazón data e hora por abalarmobil, todos os vosos pais e nais o teñen dende que miraron as notas,  mentres ollade este titorial coas explicacións.






            Xa sei que tedes dúbidas, inquedanzas, preocupacións sobre o paso á ESO. Non vos preocupedes que estades a facelo moi ben. Mais todas as preguntas que teñades mandalas ao Departamento de Orientación, Isabel está a traballar de forma coordinada co IES "Breamo" e ela vos axudará.
            Comunicádevos con ela tanto os vosos pais e as nais como vós no seguinte enderezo:  orientacioncouceirofreijomil@gmail.com

            Visitade o blog de orientación:  http://couceirorienta.blogspot.com/