jueves, 31 de enero de 2019

Onomatopeyas: Hacemos comics

En lengua castellana estamos con onomatopeyas y palabras onomatopéyicas y vamos a lanzarnos a realizar comics. Aquí hay  enlaces que alguna idea os darán.

Primero para entender mejor los mangas.

Preme e verás!


En este vídeo verás como se realiza una viñeta.



Y en este las onomatopeyas y los bocadillos.




¿Ahora a realizar vuestro cómic!

miércoles, 30 de enero de 2019

Prensa Escola

Hoxe imos redactar unha noticia. Na Voz na Escola veñen dúas en galego, mais si poñedes a páxina web do xornal no noso idioma poderedes escoller a que máis vos interese para logo presentarlla aos demais.
Premede na imaxe!

http://www.prensaescuela.es/gl/

martes, 29 de enero de 2019

PDI " O Sistema Solar" INVESTIGAMOS

Os "plutonianos" de 5º xa temos coñecementos básicos sobre o Sistema Solar, mais queremos saber moito máis e estamos a facer traballos en grupo snetrandonos en diferentes aspectos: planetas rochosos, gasosoa, a Terra,...
Aquí temos un enlace con un montón de curiosidades que podedes achegar aos libros de lapelas que elaboredes.


martes, 22 de enero de 2019

O Rexurdimento

Preme na imaxe , le poesías do século XIX , Escolle tres poesías, unha de Pondal, outra de Curros e outra de Rosalía.
Mañá na clase faremos unha sesión de poesía e cada un de nós lerá unha.


http://sondepoetas.blogspot.com/2008/04/adis-ros-adis-fontes.html

lunes, 21 de enero de 2019

Día Internacional da Paz e non Violencia

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

- Mahatma Ghandi -

Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.

A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar .

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promovió a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.

Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia....
Mais agora que se achega o 30 de Xaneiro, Día da non Violencia e da Paz imos visualizar estes videos, ler libros, debuxar, debater, cantar...
Así seguro,  daremos  un paso máis cara a PAZ!









Co gallo do Día da Paz e para iniciar as actividades o alumnado de 5ºA tentou definir por oposición á guerra o que é para eles e elas a Paz.





Agora están a prepara as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.

Imos cantar e bailar esta canción de mamá Cabra. Os máis pequenos xa teñen a coreografía!







Pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "O zumbador " Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade  neste video como facelo e como funciona.




sábado, 19 de enero de 2019

PDI Bo Proveito!: Expoñemos o noso traballo do 1º trimestre

O alumnado de 5º e 6º ao longo do 1º trimestre estivo a investigar dentro do PDI a evolución da alimentación. Estiveron observando o  reflexo da alimentación na pintura das diferentes épocas, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporanea. Dende a arte das cavernas ata a pintura máis actual. 

Logo de visitar o Museo de Belas Artes na Coruña, onde lles amosaron como observar  un bodegón o un cadro costumista para observar a alimentación tanto  das clases altas como das clases populares, pescudaron, na biblioteca e na rede principalmente,  os cambios alimenticios da humanidade vendo a sua pegada na arte pictórica.

A remates do trimestre expuxeron os murais elaborados como produto final deste traballo e o pasado mércores contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras moito do que tiñan aprendido.


























 Seguindo coa alimentación e as artes xa están documentándose na parte máis literaria co teatro e poesía. Que prepararán? Informaremos!