Mostrando entradas con la etiqueta Plutón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Plutón. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de febrero de 2019

O Sistema Solar

Estamos a participar no Proxecto Intercentros "O Sistema Solar en Ferrolterra" e aínda que nós representamos o planeta anano Plutón non por iso deixamos de botar unha ollada a todo o Sistema Solar.


O alumnado de 4º este trimestre está a traballar a relación da mitoloxía coa astronomía centrándose en Plutón.


Os nenos e nenas de 6º están a elaborar gráficas con diferentes medidas dos planetas, órbitas, distancias, etc.


E o alumnado de 5º está a estudar o Sistema Solar no seu conxunto ademais de ter traballado o planeta que lle corresponde ao noso centro.
Mentres que as nenas e nenos de 5º B están a construir planetarios, a rapazada de 5º A rematou hoxe coa presentación dos libros de lapelas que fixeron en pequeno grupo. Cando todos  lean os dos demais, exporémolos a carón da correspondencia interplanetaria, na entrada do cole.




















                                 
















martes, 29 de enero de 2019

PDI " O Sistema Solar" INVESTIGAMOS

Os "plutonianos" de 5º xa temos coñecementos básicos sobre o Sistema Solar, mais queremos saber moito máis e estamos a facer traballos en grupo snetrandonos en diferentes aspectos: planetas rochosos, gasosoa, a Terra,...
Aquí temos un enlace con un montón de curiosidades que podedes achegar aos libros de lapelas que elaboredes.


lunes, 17 de diciembre de 2018

O Sistema Solar

Andamos a voltas co universo, as galaxias, as estrelas, o noso Sol e chegamos a Plutón.
Hoxe imos presentar Plutón aos demais astros do sistema solar. xuntaremonos para ler e enviar por correo galácticoo saúdo do noso planeta . Xa verán que eso de anano...

Cada día veñen novas do universo, froito da continua investigación dos científicos.
Nesta entrada tedes o último descubrimento do Sistema Solar.


Preme e verás...



E aquí tes un xogo para lembrar coñecementos xa asentados sobre o Sisitema solar e a Terra.



Boa viaxe plutonian@s!!!