Mostrando entradas con la etiqueta sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sociais. Mostrar todas las entradas

jueves, 9 de enero de 2020

Xa no 2020!

Aquí vos deixamos actividades para comezar o 2º trimetre. A pasalo ben aprendendo moito!

Para o novo tema de Naturais e para a saúde de  cada día:



En Sociais imos coñecer mellor España e Europa:

Preme en España e Europa.


 Prctica nos mapas políticos de Españ e Unión Europes

https://mapasinteractivos.didactalia.net/gl/comunidade/mapasflashinteractivos/recurso/paises-de-europa/d2bfae17-7658-4d3d-bce3-d4d5f316c52b
Xoga e aprende!


Matemáticas: Aquí tedes un enlace con moita información sobre os decimais, mirade principalmente os apartados das operacións. Ao final nos xogos vén un kahoot!!!





Castelán: Acentuamos. 
(Preme nos 2 rótulos e practica logo de repasar no noso libro)





En galego imos cos pronomes persoais, botádelle un ollo a esta actividade interactiva. ë completa e divertida!







martes, 3 de diciembre de 2019

Cambio climático

Estamos a realizar un traballo sobre o home e a súa influencia no mundo, as veces positiva, outras negativa. Aquí vos deixamos un informe sobre o cambio climático que pode axudarvos no voso traballo.


  
/elpais.com/especiales/2019/el-co2-en-el-cambio-climatico/

Máis información sobre o cambio climático, desta volta as protagonistas son mulleres preocupadas por esta problemática.


 

viernes, 19 de abril de 2019

Comeza o 3º trimestre!

Moito ánimo e moita forza! Este vai ser un tempo de traballo intenso, pois o trimestre é curto pero cheo de contidos e actividades complementarias.
Aquí deixámosvos  unhas ligazóns de apoio ás diferentes materias que inician este derradeiro trimestre do curso.


SOCIAIS:






Agora practica nos mapas!



Matemáticas:








Naturais: 




L. Galega e Literatura:

 Achégase o Día das Letras Galegas.Aquí tedes un xogo que faremos despouis desa data cando xa estudemos o persoeiro a que está adicado este ano o 17 de Maio.








miércoles, 27 de marzo de 2019

O Sistema Solar, unha viaxe diferente

Visitou o noso centro Paulino Gasalla, coordinador de la sección de Astronomía de la Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Da súa ma  o alumnado que participa no Proxecto Intercentros O Sisitema Solar coñeceu novos datos sobre os astros que conforman o Sistema Solar, da Vía Láctea e da vida e tamaño das estrelas.


O público, nenos e nenas de 4º a 6º de primaria, asistiron entusiasmados polos novos descubrimentos que Paulino lles achegou e curioso, interaccionando con el tanto para amosarlle os seus coñecementos como para trasladarlle as súas dúbidas.







Non houbo tempo para tantas cuestións e o relator propúxolles  unha experiencia diferente: nin máis nin menos que realizar unha viaxe ao universo a bordo dunha nave espacial, con saída desde o planeta Terra, para percorrer o Sistema Solar, a Vía Láctea, satélites, cometas, etcétera. Mais para esta nova  viaxe a actividade será en cada aula.
Xa lles tarda !



Moitas grazas Paulino!!

miércoles, 20 de marzo de 2019

Os Climas


Aquí deixámosvos esquemas e actividades para fixar os contidos principais destes temas de Sociais:









Logo de ver os esquemas podes xogar premendo nesta imaxe








lunes, 18 de marzo de 2019

Os ecosistemas

En Naturais comezamos un tema ben importante. A ecoloxía da que depende o futuro do noso planeta baséase no equilibrio, conservación e coidado dos ECOSISTEMAS. Ademais do contido do tema e das actividades desenvolvidas en clase convidámosvos a que xoguedes , premendo nas imaxes nas seguintes.








viernes, 15 de febrero de 2019

O Sistema Solar

Estamos a participar no Proxecto Intercentros "O Sistema Solar en Ferrolterra" e aínda que nós representamos o planeta anano Plutón non por iso deixamos de botar unha ollada a todo o Sistema Solar.


O alumnado de 4º este trimestre está a traballar a relación da mitoloxía coa astronomía centrándose en Plutón.


Os nenos e nenas de 6º están a elaborar gráficas con diferentes medidas dos planetas, órbitas, distancias, etc.


E o alumnado de 5º está a estudar o Sistema Solar no seu conxunto ademais de ter traballado o planeta que lle corresponde ao noso centro.
Mentres que as nenas e nenos de 5º B están a construir planetarios, a rapazada de 5º A rematou hoxe coa presentación dos libros de lapelas que fixeron en pequeno grupo. Cando todos  lean os dos demais, exporémolos a carón da correspondencia interplanetaria, na entrada do cole.