domingo, 22 de diciembre de 2019

Bo Nadal!

Rematou o trimestre, toca coller forzas en familia e cos amigos  facendo aquilo que máis vos guste: xogar, ler, pasear...

Foi un trimestre intenso con un gran final. Mirade o ben que o fixestes!



Felices vacacións a todos e a todas, boas festas e próspero Aninovo!

viernes, 13 de diciembre de 2019

PAPIROFLEXIA NO NADAL

Aquí deixámosvos uns vídeos de papiroflexia para practicar nesta última semana do trimestre. Ánimo e sorte!!!

 

miércoles, 11 de diciembre de 2019

"A Ponte das Verbas", encontro con García Teijeiro

Hai uns días o Concello convidounos a participar  nunha das actividades do ciclo de encontros "A PONTE DAS VERBAS" con escritores e escritoras premiados co  Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Tan pronto como nos chamou Alexandre, o bibliotecario da B. M. "Ramiro Fonte", comezamos coa preparación do encontro con García Teijeiro, premiado en 2017 por "Poemar o mar"


Preme para saber máis sobre o autor.

 Xa coñeciamos a Antonio G. Teijeiro  e a "Poemar o mar", dende hai 2 anos, nunha actividade da nosa biblioteca do PDI "Alén do Mar". Aproveitamos para coñecer máis a súa obra centrándonos na poesía.


E hoxe fomos á Biblioteca Municipal "Ramiro Fonte" e compartimos con el unha actividade chea de rimas, cantigas e mares salgados. 
Foi un marabilloso agasallo da man dos organizadores de "Ponte das Verbas", do Concello e de Antonio.










Grazas a todos!

martes, 3 de diciembre de 2019

Cambio climático

Estamos a realizar un traballo sobre o home e a súa influencia no mundo, as veces positiva, outras negativa. Aquí vos deixamos un informe sobre o cambio climático que pode axudarvos no voso traballo.


  
/elpais.com/especiales/2019/el-co2-en-el-cambio-climatico/

Máis información sobre o cambio climático, desta volta as protagonistas son mulleres preocupadas por esta problemática.


 

lunes, 2 de diciembre de 2019

Curtametraxe "El jefe" de Fernando Tato

Hoxe visitounos Fernando tato e o alumnado de 5º e 6º de Primaria viu na súa compaña a súa última curtametraxe "El jefe" que nos fala da igualdade no empreo e dos teitos de cristal.

 Fernando Tato é un actor, director, ilustrador e músico  galego que protagonizou a serie diaria de TVG "O Faro" durante máis de dous anos, emitido tamén en TV3 e outras comunidades con gran éxito de audiencia. Anteriormente participou noutras series da TVG como "Libro de familia" ou "Matalobos" e recentemente protagonizou a miniserie "Hotel Almirante" dirixida por Antonio Cuadri.

É licenciado en Arte Dramático pola Esad de Galicia e en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente formouse durante catro anos no estudo de Lorena García de las Bayonas en Madrid.


                                            Para máis información premede na imaxe!



Logo do pase puideron facerlle preguntas sobre aquelas dúbidas e curiosidades que tiñan sobre o mundo do cine e sobre as diferentes facetas do seu labor profesional.
Foi unha proxección que nos fixo cuestionar sobre a igualdade no traballo, o esforzo para conquerir logros laborais, a importancia das tarefas compartidas no fogar, da responsabilidade paterna e materna, etc
Moitas grazas por compartir o teu tempo con nós, Fernando! E grazas tamén a Cristina a nai dunha alumna de 6º, sen a súa colaboración coa nosa escola esta actividade non sería piosible.


Aquí vos deixamos a "curta" e outras mostras da creatividade de Fernando Tato.














domingo, 1 de diciembre de 2019

PDI: Traballo en grupo con libreoffice impress

Cada grupo xa coñece a temática da súa presentación. Para facer os traballos utilizaremos os computadores da escola e unha ferramenta de presentacións que se chama libreoffice impress.
O máis importante é a pescuda, a investigación dentro do voso tema, visitade páxinas actualizadas, contrastade a información...Pero para preparar a exposición, que será ao final do PDI utilizaremos o libreoffice impress. Nel vos apoiaredes para transmitir ao resto do cole todo o investigado, os coñecementos adquiridos, as descubertas máis interesantes...
Aquí vos deixamos un titorial para ir pouco a pouco coñecendo e dominamdo esta ferramenta básica no traballo do PDI deste trimestre.
 Ánimo! Veredes que é doada de utilizar e moi visual para axudarvos na recolleita e exposición de datos.



miércoles, 27 de noviembre de 2019

PREPARANDO O NADAL

                                                            Canto "O neno perdido"


Xa chega o nadal e o alumnado de 6º curso está a preparar un canto moi especial. Ao igual que hai abondosos cantos de nadal, de reis, aguinaldos... non é tan frecuente atoparse con cantos que lle chaman "O neno perdido".

En concreto este canto foi recollido pola mestra de música a Aurea Adán Mosquera, unha das cantareiras de Laxoso (Pontecaldelas, Pontevedra)

Traballaremos sobre el para que quede ben bonito.



Nai na porta hai un neniño
Que ten o cabelo louro
El di que quere quentarse
Ven descalciño e en coiro

Dille que pase pa dentro
Que se quente na lareira
Veño de acender o lume
Hai unha boa fogheira.

Pasou o neno e quentouse
E cando estaba quentiño
A señora preghuntoulle
Ti de quen es meu neniño

Eu son de María
Meu pai e Xosé
Eu vin a este mundo só pra padecer

Facerlle a cama a este neno
Na mellor habitación
Non se moleste señora
Eu durmo en calquer rincón

Derde que nacín
Derde que nacín
E hasta que morra
Ha de ser así

O outro día cediño
O neno se levantou
Doulle as gracias a señora
E dixolle eu xa me vou

Recollida a Aurea Adán Mosquera
Veciña de Laxoso (Pontevedra)