PREPARANDO O NADAL
Canto "O neno perdido"
Xa chega o nadal e o alumnado de 6º curso está a preparar un canto moi especial. Ao igual que hai abondosos cantos de nadal, de reis, aguinaldos... non é tan frecuente atoparse con cantos que lle chaman "O neno perdido".
En concreto este canto foi recollido pola mestra de música a Aurea Adán Mosquera, unha das cantareiras de Laxoso (Pontecaldelas, Pontevedra)
Traballaremos sobre el para que quede ben bonito.
Nai na porta hai un
neniño
Que ten o cabelo louro
El di que quere quentarse
Ven descalciño e en coiro
Dille que pase pa dentro
Que se quente na lareira
Veño de acender o lume
Hai unha boa fogheira.
Pasou o neno e quentouse
E cando estaba quentiño
A señora preghuntoulle
Ti de quen es meu neniño
Eu son
de María
Meu pai
e Xosé
Eu vin
a este mundo só pra padecer
|
Facerlle a cama a este
neno
Na mellor habitación
Non se moleste señora
Eu durmo en calquer
rincón
Derde
que nacín
Derde
que nacín
E hasta
que morra
Ha de
ser así
O outro día cediño
O neno se levantou
Doulle as gracias a
señora
E dixolle eu xa me vou
Recollida a Aurea Adán
Mosquera
Veciña de Laxoso
(Pontevedra)
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario