miércoles, 27 de noviembre de 2019

PREPARANDO O NADAL

                                                            Canto "O neno perdido"


Xa chega o nadal e o alumnado de 6º curso está a preparar un canto moi especial. Ao igual que hai abondosos cantos de nadal, de reis, aguinaldos... non é tan frecuente atoparse con cantos que lle chaman "O neno perdido".

En concreto este canto foi recollido pola mestra de música a Aurea Adán Mosquera, unha das cantareiras de Laxoso (Pontecaldelas, Pontevedra)

Traballaremos sobre el para que quede ben bonito.



Nai na porta hai un neniño
Que ten o cabelo louro
El di que quere quentarse
Ven descalciño e en coiro

Dille que pase pa dentro
Que se quente na lareira
Veño de acender o lume
Hai unha boa fogheira.

Pasou o neno e quentouse
E cando estaba quentiño
A señora preghuntoulle
Ti de quen es meu neniño

Eu son de María
Meu pai e Xosé
Eu vin a este mundo só pra padecer

Facerlle a cama a este neno
Na mellor habitación
Non se moleste señora
Eu durmo en calquer rincón

Derde que nacín
Derde que nacín
E hasta que morra
Ha de ser así

O outro día cediño
O neno se levantou
Doulle as gracias a señora
E dixolle eu xa me vou

Recollida a Aurea Adán Mosquera
Veciña de Laxoso (Pontevedra)

  




 

lunes, 18 de noviembre de 2019

Situación da muller no Islamismo e no Budismo

Dentro do PDI "No Couceiro Pola Igualdade" o alumnado de 6º vai pescudar sobre o papel da muller no Islam (6º A) e no Budismo (6º B).
Hoxe realizaron un primeiro acercamento da man de Xosé Antonio Lozano García, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela que ampliou a súa formación en Portugal, posúe o  Premio de Narracións Breves Manuel Murguía (Arteixo) e na actualidade é profesor no IES "Fraga do Eume" .
Xosé Antonio, introduciu á rapazada dos sextos na visión do mundo exposta por Mahoma no século VII, amosándolles como no Corán incluía melloras para a muller de aqueles tempos, facéndolles ver como na segunda metade do século pasado as mulleres islámicas tiñan unha integración social no mundo cultural, laboral e académico superior á situación actual, froito de fundamentalismos relixiosos que someten a todo o pobo pero máis ás mulleres.

Mulleres afganas nos 70 e na actualidad.Premede para acceder a máis información.

Tamén deu unhas pinceladas sobre o Budismo, a filosofía de Buda, o positivismo das súas ideas, a diferencia ao non ser unha relixión con un Deus e a situación da muller nos países budistas.


 Máis información si premes.
Preme para ter máis información.



Dámoslle as grazas a Xosé Antonio pola interesante charla desta mañá e ao alumnado pola súa actitude de escoita activa.







 Bo punto de partida para o noso proxecto!!! Noraboa a todas e todos!





sábado, 16 de noviembre de 2019

Magosto e Día do Peón

Premendo na imaxe poderás ver a entrada destas festas no blog da biblioteca. Hai información, videos , xogos e ata un pasapalabra. Practica para logo xogar na clase en grupo!