O alumnado de 4º este trimestre está a traballar a relación da mitoloxía coa astronomía centrándose en Plutón.
Os nenos e nenas de 6º están a elaborar gráficas con diferentes medidas dos planetas, órbitas, distancias, etc.
E o alumnado de 5º está a estudar o Sistema Solar no seu conxunto ademais de ter traballado o planeta que lle corresponde ao noso centro.
Mentres que as nenas e nenos de 5º B están a construir planetarios, a rapazada de 5º A rematou hoxe coa presentación dos libros de lapelas que fixeron en pequeno grupo. Cando todos lean os dos demais, exporémolos a carón da correspondencia interplanetaria, na entrada do cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario