Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de enero de 2020

Vacinas para a Paz e o Bo trato

En 6º estamos a falar da saúde, os bos hábitos, a alimentación sa...Pero tamén das enfermidades infecciosas ou non, dos síntomas, signos , diagnósticos e das vacinas.
O alumnado de Valores de 6ºA realizou en grupo traballos por mor do Día da Paz e non Violencia, onde partindo da observación dos virus da violencia e das súas formas de ataque,elaboraron unhas curiosas vacinas para a Paz e Bo trato. Escoitade que fórmulas tan interesantes ten esta campaña de vacinación antiagresividade!













O alumnado de Valores da nosa aula e o alumnado de 3ºA asistiu á primeira exposición. Agora quedan os murais no corredor de Primaria para que todo o alumnado do cole poda ver o seu traballo.








A continuación fomos á aula de 3ºA onde co gallo do Día da Paz inauguraron a Vila da Igualdade. Vila chea de harmonía e fermosura elaborada de forma autónoma polas nenas e nenos de 3ª A con recortables achegados pola Biblioteca Escolar.








Sorprendente traballo. Noraboa a tod@s!!

lunes, 21 de enero de 2019

Día Internacional da Paz e non Violencia

"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".

- Mahatma Ghandi -

Este día celébrase o 30 de xaneiro, dedicado a conmemorar nas escolas unha cultura de non violencia e paz.

A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por dereitos humanos, non violencia e paz son motivos para recordar o 30 de xaneiro. No Día da Paz, as escolas comprométense como defensores da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar .

Neste día celébrase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promovió a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.

Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite aos nosos alumnos adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforzan o seu desenvolvemento como críticos cidadáns globais comprometidos cos seus dereitos e cos dos demais.

Na escola adoitamos procurar cada día estes valores: tolerancia, respecto, non violencia....
Mais agora que se achega o 30 de Xaneiro, Día da non Violencia e da Paz imos visualizar estes videos, ler libros, debuxar, debater, cantar...
Así seguro,  daremos  un paso máis cara a PAZ!









Co gallo do Día da Paz e para iniciar as actividades o alumnado de 5ºA tentou definir por oposición á guerra o que é para eles e elas a Paz.





Agora están a prepara as actividades artísticas, plásticas e musicais para participar xunto con toda a Comunidade Educativa nos actos centrais da Non Violencia e a Paz.

Imos cantar e bailar esta canción de mamá Cabra. Os máis pequenos xa teñen a coreografía!







Pero tamén imos traballar coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ.
Para iso faremos un xoguete tradicional "O zumbador " Adoita facerse cun botón grande e xa zumba pero como nós ademais queremos facer a cor branca ollade  neste video como facelo e como funciona.