É importante traballar cada día e non deixalo todo para o final, así poderemos ir intercambiando información para axudarvos cada día.
Ánimo estades facéndoo moi ben!
MATEMÁTICAS:
- Como para facer a ficha desta semana que tedes no libro xa tedes información de apoio dabondo tanto neste blog como no caderno e no libro dixital, imos resolver estes acertixos matemáticos. Mandade os resultados por correo.
CASTELÁN:
- Para repasar os verbos podedes facer estes xogos, ademais de volver ao libro.
- Agora xa podedes facer a ficha que tedes no libro sobre verbos.
- Lembrades o sentido literal e figurado? Aquí tedes unha actividade que vos axudará antes de facer a ficha desta semana.
NATURAIS:
- A tarefa desta semana colgada no teu libro dixital.
- Aquí vos deixamos información sobre un o Parque Nacional das Illas Atlánticas para coñecer algo da riqueza dos seus ecosistemas, igual este verán vos podedes acercar coa vosa familia. Son unhas illas marabillosas e próximas.
SOCIAIS:
- Entra nesta ligazón para lembrar os elementos e características do relevo en España. Logo tenta facer a ficha apoiándote no libro.
- Esta curtametraxe podedes vela todos e todas, por suposto. A min, ademais de gustarme, fíxome reflexionar sobre a nosa vida actual e como terá que ser logo do confinamento, cando saimos e teña que arrancar outra vez a nosa vida fóra das nosas casas. Como imos facer? Imos cambiar algo nos nosos comportamentos cara os outros? Seremos máis solidarios ou máis individualistas?
- O alumnado de Valores ten ademais un traballo no libro que deberá enviar á súa titora.
GALEGO:
- Achégase o Día das Letras Galegas e, aínda que os actos centrais gárdanse para o 1º trimestre do vindeiro curso por non poderse levar a cabo o 17 de maio debido á pandemia, si que é tempo de irnos achegando á figura de Ricardo Carbalho Calero, el protagoniza este ano a honra de ser o escollido pola Real Academia como persoeiro a lembrar, coñecer e recoñecer. Aquí tedes actividades interactivas para realizar antes do traballo escriro que xa tedes no libro dixital como achega.
- Agora entrade en EDIXGAL e no libro de galego tedes unha comprensión lectora sobre ea cidade de nacemento deste ilustre ferrolán.
E. PLÁSTICA:
- May is the month of flowers.
E. MUSICAL:
- Tes as propostas no blog de música:
INGLÉS:
- Ata venres 15 de maio:
- -Smart Classroom(icono azul coas letras SC no tema 4):
- 7ª páxina: "Giving information" Activities 1,2, 3, 4
- 8ª páxina: "Animal lovers" Activities 1,2, 3, 4,5
- Repaso de todas as actividades O Martes 19 de 11 a 12:30 farase a proba de avaliación online do tema(é só das oito páxinas do "smart netex")
No hay comentarios:
Publicar un comentario