Pero atende á proposta de Güino para que participemos tod@s!
Güino ten unha proposta para toda a Comunidade Educativa, para todas as familias e para todo o profesorado:
Como dicía Manuel María "Galicia somos nós: a xente e mais a fala”.
Pois nós, a xente do Couceiro, cadaquén dende a súa casa, imos escoller unha palabra galega especial, pola súa sonoridade, polas lembranzas que nos trae, polo que representa...
Entre tod@s faremos unha SEMENTEIRA DE PALABRAS o 17 de MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Queredes? Atendede como o podemos facer :
- Escolle a palabra galega especial para ti. Ollade que palabra elexiu Güino!!!
- Nun folio horizontal escribe a palabra dentro dun gran xigante, dentro dunha gran semente.Podes darlle cor pero que se vexa ben a palabra con letras grandes e claras.
- Colle outro folio e tamén en posición apaisada fai un debuxo do que significa para ti esa palabra que queres sementar para que non se perda.
- Cando teñades os dous folios ben rematados mandades as imaxes, escaneadas ou fotografadas a: elefantescouceiro@gmail.com
- Para facer a SEMENTEIRA apañaremos palabras ata o mércores 20 de maio. Escribide na parte baixa dos folios o voso nome e o curso.
Non chegues tarde!
No hay comentarios:
Publicar un comentario