jueves, 28 de marzo de 2019

Que ben o pasamos no club de lectura!

Onte visítou o Club de Lectura dos quintos, Ánxela Loureiro. Autora do libro que están a ler: "Choiva de ras".

Preme e infórmate!








Chegou ao "Xardín do Pastempo" coa guitarra ao lombo e tamén con fantasía, poesía, música e marcha, moita marcha. 

As nenas e nenos do club de lectura da man de Ánxela souberon o que é unha verdadeira choiva de ras.



Que é dentro dun conto un protagonista e un antagonista. Quen é que dentro da marabillosa historia protagonizada pola ra RaMona. 




Mais tamén, guiados pola guitarra de Ánxela, converteron a poesía que enche a historia de Ramona  en pequenas cantigas que a escritora aprendíalles entre explicación e expluicación.


O alumnado gozou dunha sesión diferente do club de lectura que continuará dirixido poe Alejandra, Lucía e Sonia, mestras do equipo da biblioteca. Pero agora que xa coñeceron á autora e a súa obra lerán as aventuras de RaMona cunha ollada diferente.


Para rematar a xornada fixeron preguntas, bailaron é Ánxela asinoulles os seus libros.

Grazas ao alumnado polo entusiasta participación, ás profes que dirixen os clubes de 5ºA e 5º B e sobre todo a Ánxela por compartir o seu tempo con nós.
Parabéns!


No hay comentarios:

Publicar un comentario