Mostrando entradas con la etiqueta filosofía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta filosofía. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de mayo de 2019

Filosofía divertida!

No mes de marzo comezamos coas sesións de filosofía onde traballamos valores como a cooperación e a importancia do traballo en grupo.

Tivemos como base o óleo “Muchachos subiendo a un árbol” de Francisco Goya, pintado a fins de 1791. Na imaxe vemos a tres raparigos tratando de subir a unha árbore. Un deles agáchase para que outro poida apoiarse nel, e o terceiro empúxalle por detrás.



A partir desta obra de Goya que íamos descubrindo pouco a pouco, imaxinabamos, opinabamos debatíamos sobre o que alí estaba a ocurrir.Mostrábasenos o cadro só a anacos até descubrilo todo.  Debiamos ir contestando preguntas do tipo:

- Que vedes?, Coidades que son nenos/as actuais? Por que?, Que poden estar facendo?, Onde pensades que poden estar?, Como cres que se senten?, E agora que vedes?, Que poden estar facendo? Por que?, Onde pensades que poden estar?, Que credes que senten agora? …..

A continuación , pasamos ás habilidades de Razoamento.

          - Para cooperar que necesitamos?. Se non se axudan que podería pasar? 
Logo en grupo redactamos a historia que fixeramos entre o grupo e elaboramos diferentes textos, tantos como grupos de tres nenos e nenas, como no cadro.































A avaliación da tarefa tamén foi moi divertida  pois tiñamos que pensar con cal das tres imaxes de abaixo sentiamonos máis identificados e por que razóns..




Foi unhas sesións moi aproveitadas !!!

Pero hoxe facendo gala do aprendido sobre a importancia da cooperación e do traballo en equipo, experimentamos o reflictido no cadro de Goya. Que ben o pasamos, pensando, opinando e experimentando conceptos como axuda, colaboración, integración...



































Esto de aprender a pensar eche ben entretido!