lunes, 18 de noviembre de 2019

Situación da muller no Islamismo e no Budismo

Dentro do PDI "No Couceiro Pola Igualdade" o alumnado de 6º vai pescudar sobre o papel da muller no Islam (6º A) e no Budismo (6º B).
Hoxe realizaron un primeiro acercamento da man de Xosé Antonio Lozano García, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela que ampliou a súa formación en Portugal, posúe o  Premio de Narracións Breves Manuel Murguía (Arteixo) e na actualidade é profesor no IES "Fraga do Eume" .
Xosé Antonio, introduciu á rapazada dos sextos na visión do mundo exposta por Mahoma no século VII, amosándolles como no Corán incluía melloras para a muller de aqueles tempos, facéndolles ver como na segunda metade do século pasado as mulleres islámicas tiñan unha integración social no mundo cultural, laboral e académico superior á situación actual, froito de fundamentalismos relixiosos que someten a todo o pobo pero máis ás mulleres.

Mulleres afganas nos 70 e na actualidad.Premede para acceder a máis información.

Tamén deu unhas pinceladas sobre o Budismo, a filosofía de Buda, o positivismo das súas ideas, a diferencia ao non ser unha relixión con un Deus e a situación da muller nos países budistas.


 Máis información si premes.
Preme para ter máis información.



Dámoslle as grazas a Xosé Antonio pola interesante charla desta mañá e ao alumnado pola súa actitude de escoita activa.







 Bo punto de partida para o noso proxecto!!! Noraboa a todas e todos!





sábado, 16 de noviembre de 2019

Magosto e Día do Peón

Premendo na imaxe poderás ver a entrada destas festas no blog da biblioteca. Hai información, videos , xogos e ata un pasapalabra. Practica para logo xogar na clase en grupo!




martes, 17 de septiembre de 2019

BENVID@S A 6º!!!!

AQUÍ TEDES ACTIVIDADES DE POSTA EN MARCHA!

Lemos e comprendemos:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/centros-tic/41701419/helvia/aula/archivos/repositorio/0/18/html/Lenguatic/Italica/formatos_variados/Comprensio_lectora/test_comprension1.htm


http://reglasdeortografia.com/testcomprension3ciclo.html
Matemáticas:
 Preme e xoga para practicar cálculo mental, a prioridade de operacións e os números romanos.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?idContent=20743&locale=es_ES&textOnly=falsehttp://www.genmagic.net/mates4/jerarquia_opera_c.swf


Naturais:
Chegou o outono e con el as árbores tinxen de mil cores as súas follas. Nesta entrada imos aprender algo da súa forma para logo na clase poder xogar con elas. Interesante, non?