domingo, 2 de febrero de 2020

Achégase o Entroido!!!

O Entroido abarca un período de tempo máis ou menos amplo, dependendo das celebracións típicas de cada zona. En sentido máis estrito, denomínanse o domingo, luns e martes de Entroido, pero a festa nalgúns lugares bota a andar ata cinco semanas antes e mesmo hai sitios onde os chamamentos comezan co ano novo. Curiosamente, hai localidades que contradín o carácter variable destas festas e estableceron unha data fixa de inicio, como son Vilariño de Conso ou Verín, onde, caia cando caia o Entroido, comeza o día de san Antón (17 de xaneiro) ou o da Candeloria (2 de febreiro).

Na nosa terras a Candeloria abre as portas ás preparacións do Entroido xa próximo: As casas arrecenden a orellas e  a freixós; comezamos a rimar os primeiros versos das letras das comparsas; a preparar os disfraces, etc.

A comparsa do cole deste ano terá a temática "No Couceiro pola Igualdade" e antes de preparar o disfraz ou a cantiga do noso grupo imos investigar sobre unha cultura que entre os  seus valores tiña a paz, o amoe etamén a igualdade.
Traballade nesta webquest, premendo na imaxe!




Agora xa sabedes que a filosofía hippie coincide  nalgunha das ideas e valores centrais do noso PDI, non?
Pois, fiando "con moita liberdade", este curso o alumnado maior da escola, os quintos e sextos, imos ir de hippies, levando a bandeira da igualdade e esperando que a igualdade non quede só no disfrace.

Na escola faremos os colgantes coa temática da igualdade de xénero; mais na casa podemos adoviar a nosa vestimenta con outros símbolos hippies, con cintas no pelo, perrucas, flores, cintos e cor, moita cor, e flores, moitas flores! E ata podemos levar a furgo, animádevos?






Tamén necesitamos moita marcha para cantar polas rúas da vila e no pavillón a copla da nosa comparsa. Aquí queda a letra e a música para ir ensaiando!

"Somos do Couceiro
e cantamos ben
chegamos de hippies 
a pasalo ben!

Somos do Couceiro,
e ti de que vés?
Nós somos os hippies:
Paz, amor e mel.

Para as filloas
"paos" freixós tamén,
e neste Entroido
moito imos comer.

Aquí traemos paz e amor
a igualdade será 
unha realidade
que non sexa un "disfraz"!

(Na segunda vez, logo da parte instrumental, a 1ª e a 4ª estrofa, cantando 3 veces os dous últimos versos. O subliñado vai en eco, do nº 1 ao 15 a voz e do 16 ata o final da clase o eco.)






(Se non o vedes, premede en "disfruta este vídeo en you tube")




Agora xa é tempo de ir preparando o disfrace, parece cómodo e fácil de facer reutilizando prendas que teñamos por casa, non?.
 Moito ánimo que xa queda menos para a festa!

1 comentario: