sábado, 22 de febrero de 2020

Entroido 6º

Moito aprendemos dos hippies, dos seus valores, das súas vestimentas, da súa época, ...


Fixemos unha webquest, ensaiamos, relaccionamos os hippies coa temática do PDI...E chegou por fin o día de sair polas rúas a lucir o noso disfrace e chegar ao pavillón a cantar a copla da nosa comparsa coa música de  "Californoa dreamin´"  (The mamas and the papas) que acompañou a moitas festas dos 60´ e facer a festa do Entroido na aula coas sobremesas propias destas datas achegadas polas familias.
Aquí queda unhas montaxes  con imaxes para o recordo e o video da actuación.










Agora a gozar do Antroido da vila nestes días de festas . O xoves, á volta das vacacións de Carnaval, queimaremos o Antroido ao ritmo do Xa Morreu!
 Non olvidedes o loito que este ano levamos nós o cadaleito e faremos de viúvas e viúvos.
No blog de música tedes a canción, premede na imaxe para lembrala.



Rematou a festa! Adeus Antroido! O xoves á volta de vacacións acompañamos ao defunto, chorando e cantando o Xa Morreu! O alumnado de sexto enloitado desfilou detras do morto. Eles e elas levaron a ombros o cadaleito. Como viúvos e viúvas despedírono mentres se queimaba.









Ata o ano que vén!

No hay comentarios:

Publicar un comentario