viernes, 13 de marzo de 2020

Proposta de actividades ante a cese da actividade lectiva.

O 1º a saúde! Coidádevos moito e evitade situacións de risco. Que o pasedes ben e que pronto poidamos voltar á normalidade.

Aquí vos deixamos tarefas voluntarias para que poidades manter o ritmo de traballo dende as vosas casas.

  1. Creamos novos enderezos de correo para que poidadamos comunicarnos.
      • Correo para 6ºA:   6Acouceiro@gmail.com
      • Correo para 6ºB:   6Bcouceiro@gmail.com

      2. Colgaremos tarefas para facer no libro, no blog, no caderno ou co procesador de textos as que nos enviedes ao correo electrónico ( word ou libre office writer), todas elas recomendables, non avaliables; mais faremos o seguemento das mesmas.

      3. Aquí tedes actividades de repaso interactivas:

Preme e xoga!
        4. Agora as suxestións por materias para a vindeira semana.

 CASTELÁN:
  •  Continuar co estudo da ficha dos verbos.
  • T 7 páx. 5: Lectura da teoría, realizar 1, 2, 6 no caderno; 3, 4 e 5 dixitais o 7 mandalo ao correo electrónico da vosa aula.
GALEGO:
  •  T7, páx 5: Ler e facer actividades 1 e 3 no caderno, 4 e 5 dixitais e a 2 enviala ao correo elctrónico da vosa clase.
  • Na páx. 6 lectura e 1 e 2 no caderno , a outa 2 dixital.
  • Na páx, 7 o reforza e o avalíate.
MATEMÁTICAS:
  • Xogade e reforzade!
http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?idContent=20744&locale=es_ES&textOnly=false
 SOCIAIS:

  • T. 5: Ficha de repaso no libro dixital, facela no caderno.

NATURAIS:

  • T 6 : Xa no 1º trimestre vimos a reprodución e tivemos actividades ben interesantes grazas á sexóloga e psicóloga Martina González e ao proxecto De bo rollo! 
       Agora  repasamos nas páxinas 5, 6 e 7. Para esta semana só a 5: lemos,
        lembramos e realizamos a actividade 2 no caderno e a 3 no libro.

INGLÉS:

  • Digital book: Ata lesson 3, páx 46 incluida. Exerc. 10 por escrito. Listening
  • Pupil´s book: Ata lesson 4; na páx. 47 act. 12.
  • Activity book: Páx. 36, activity 3; páx. 37 act. 4, 5, 6, 7.
MÚSICA:
  • No blog de música tedes actividades para estes días: 

Visita o CouceiroMusical!



Ata a semana que vén!



No hay comentarios:

Publicar un comentario