Que tal rapazada de 6º? Xa queda menos!
Que marabilla de video fixemos entre todas e todos!! Moitas grazas polo vídeo e sobre todo por quedar na casa!
Falando de vídeos, mirade o que nos propón Güino. Veña, animádevos a recomendar un libro aos máis pequenos!
Preme e infórmate! |
Para poñer o coco a botar fume:
Un xogo de vocabulario, podedes competir en familia ou xogar sós.
Para aprender máis sobre a reprodución:
Para repasar castelán!
E unha última ligazón a un quiosco virtual onde teredes a prensa diaria e revistas de diferentes temáticas.
Ademais destas actividades, dos libros dixitais recomendamos diferentes tarefas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril( Agás as de Inglés):
- MATEMÁTICAS:
- No libro tedes 2 fichas, unha inclúe as solucións da ficha da semana pasada e outra tipo test "Kahoot" para facer e enviar esta semana as respostas.
- LINGUA GALEGA:
- Realizade e enviade ao correo electrónico da vosa titoría un texto sobre a situación actual de illamento domiciliario pola pandemia do Coronavirus. O formato achegámolo no Tema 8 do voso libro de Galego.
- LINGUA CASTELÁ:
- Comprensión Lectora, tamén está a ficha no voso libro de castelán no T 7. Copiade as preguntas e contestade con respostas amplas e completas nun novo documento para envialo por correo electrónico á vosa titora.
- CC. NATURAIS:
- TEMA 6: Páxina 7: Ler, facer o esquema da páxina 7 “ O aparato reprodutor feminino”Actividades: 1 e 2 da páxina 7 na libreta; 3, 4, 5 no libro.
- CC. SOCIAIS:
- Enviar as solucións (Ficha) do test " A xente do planeta Terra" colgado no libro dixital no tema 5 por mail.
- Expr. PLÁSTICA:
- Hi kids!How are you?For the Arts&Crafts class I would like you to watch this video and try to draw a dolphin.
Ana
- INGLÉS: Podedes enviar os traballos de Inglés ao profe no seguinte enderezo: english.couceiro@gmail.com
- Ata mércores 1 de abril:Digital book: Page 49lesson 6 Activity 20 por escrito.Lsten & repeat Activities21& 22Activity book: Unit 4, page 39, Activity 11; page41, Activities 17,18 &19Ata venres 3 de abril:Digital book: Page 50lesson 7Read & listen Activity 25& 26Pupil's Book, Unit 4, Lesson 7Activity 25& 26Activity Book, Unit 4, Lesson 7 Activity 20,21 & 22Ata Martes 17 de abril:Digital book: Page 51lesson 8 Read & listen Activity 29Pupil's Book, Unit 4,page 51, Activity 29Activity Book, Unit 4, Lesson 8 Activity 24& 25Digital book: Activities 30 & 31 Project box (in Office writer or impress) presentación.
- MÚSICA:
Preme na imaxe!
- E. FÍSICA:
Visita a web premendo na imaxe! |
A coidarse moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario