
Máis información sobre o cambio climático, desta volta as protagonistas son mulleres preocupadas por esta problemática.

Nai na porta hai un
neniño
Que ten o cabelo louro
El di que quere quentarse
Ven descalciño e en coiro
Dille que pase pa dentro
Que se quente na lareira
Veño de acender o lume
Hai unha boa fogheira.
Pasou o neno e quentouse
E cando estaba quentiño
A señora preghuntoulle
Ti de quen es meu neniño
Eu son
de María
Meu pai
e Xosé
Eu vin
a este mundo só pra padecer
|
Facerlle a cama a este
neno
Na mellor habitación
Non se moleste señora
Eu durmo en calquer
rincón
Derde
que nacín
Derde
que nacín
E hasta
que morra
Ha de
ser así
O outro día cediño
O neno se levantou
Doulle as gracias a
señora
E dixolle eu xa me vou
Recollida a Aurea Adán
Mosquera
Veciña de Laxoso
(Pontevedra)
|