En matemáticas continuamos coas fraccións, agora as operacións. Preme e accede a diferentes actividades logo de volver a ver o traballado na clase.
En naturais para a nutrición SI PINCHAS na imaxe , irás a o blog de Luisa María alí hai páxinas nas que se desenvolven as preguntas principais do tema que estamos a estudar . Despois, podes avaliarte e...xogar.
No tema de sociais, a modo de resumo, podes ver o seguinte vídeo. Para saber máis e facer xogos e probas valorativas entra na imaxe inferior ao vídeo.
Galego: un repaso á ortografía.
Preme e xoga
E agora centrémonos no verbo. Aquí tedes 2 grupos de actividades.
E agora actividades para acompañar os contidos de castelán:
Moito aprendemos dos hippies, dos seus valores, das súas vestimentas, da súa época, ...
Fixemos unha webquest, ensaiamos, relaccionamos os hippies coa temática do PDI...E chegou por fin o día de sair polas rúas a lucir o noso disfrace e chegar ao pavillón a cantar a copla da nosa comparsa coa música de "Californoa dreamin´" (The mamas and the papas) que acompañou a moitas festas dos 60´ e facer a festa do Entroido na aula coas sobremesas propias destas datas achegadas polas familias.
Aquí queda unhas montaxes con imaxes para o recordo e o video da actuación.
Agora a gozar do Antroido da vila nestes días de festas . O xoves, á volta das vacacións de Carnaval, queimaremos o Antroido ao ritmo do Xa Morreu!
Non olvidedes o loito que este ano levamos nós o cadaleito e faremos de viúvas e viúvos.
No blog de música tedes a canción, premede na imaxe para lembrala.
Rematou a festa! Adeus Antroido! O xoves á volta de vacacións acompañamos ao defunto, chorando e cantando o Xa Morreu! O alumnado de sexto enloitado desfilou detras do morto. Eles e elas levaron a ombros o cadaleito. Como viúvos e viúvas despedírono mentres se queimaba.
O Entroido abarca un período de tempo máis ou menos amplo, dependendo das celebracións típicas de cada zona. En sentido máis estrito, denomínanse o domingo, luns e martes de Entroido, pero a festa nalgúns lugares bota a andar ata cinco semanas antes e mesmo hai sitios onde os chamamentos comezan co ano novo. Curiosamente, hai localidades que contradín o carácter variable destas festas e estableceron unha data fixa de inicio, como son Vilariño de Conso ou Verín, onde, caia cando caia o Entroido, comeza o día de san Antón (17 de xaneiro) ou o da Candeloria (2 de febreiro).
Na nosa terras a Candeloria abre as portas ás preparacións do Entroido xa próximo: As casas arrecenden a orellas e a freixós; comezamos a rimar os primeiros versos das letras das comparsas; a preparar os disfraces, etc.
A comparsa do cole deste ano terá a temática "No Couceiro pola Igualdade" e antes de preparar o disfraz ou a cantiga do noso grupo imos investigar sobre unha cultura que entre os seus valores tiña a paz, o amoe etamén a igualdade.
Traballade nesta webquest, premendo na imaxe!
Agora xa sabedes que a filosofía hippie coincide nalgunha das ideas e valores centrais do noso PDI, non?
Pois, fiando "con moita liberdade", este curso o alumnado maior da escola, os quintos e sextos, imos ir de hippies, levando a bandeira da igualdade e esperando que a igualdade non quede só no disfrace.
Na escola faremos os colgantes coa temática da igualdade de xénero; mais na casa podemos adoviar a nosa vestimenta con outros símbolos hippies, con cintas no pelo, perrucas, flores, cintos e cor, moita cor, e flores, moitas flores! E ata podemos levar a furgo, animádevos?
Tamén necesitamos moita marcha para cantar polas rúas da vila e no pavillón a copla da nosa comparsa. Aquí queda a letra e a música para ir ensaiando!
"Somos do Couceiro
e cantamos ben
chegamos de hippies
a pasalo ben!
Somos do Couceiro,
e ti de que vés?
Nós somos os hippies:
Paz, amor e mel.
Para as filloas
"paos" freixós tamén,
e neste Entroido
moito imos comer.
Aquí traemos paz e amor
a igualdade será
unha realidade
que non sexa un "disfraz"!
(Na segunda vez, logo da parte instrumental, a 1ª e a 4ª estrofa, cantando 3 veces os dous últimos versos. O subliñado vai en eco, do nº 1 ao 15 a voz e do 16 ata o final da clase o eco.)
(Se non o vedes, premede en "disfruta este vídeo en you tube")
Agora xa é tempo de ir preparando o disfrace, parece cómodo e fácil de facer reutilizando prendas que teñamos por casa, non?.
En 6º estamos a falar da saúde, os bos hábitos, a alimentación sa...Pero tamén das enfermidades infecciosas ou non, dos síntomas, signos , diagnósticos e das vacinas.
O alumnado de Valores de 6ºA realizou en grupo traballos por mor do Día da Paz e non Violencia, onde partindo da observación dos virus da violencia e das súas formas de ataque,elaboraron unhas curiosas vacinas para a Paz e Bo trato. Escoitade que fórmulas tan interesantes ten esta campaña de vacinación antiagresividade!
O alumnado de Valores da nosa aula e o alumnado de 3ºA asistiu á primeira exposición. Agora quedan os murais no corredor de Primaria para que todo o alumnado do cole poda ver o seu traballo.
A continuación fomos á aula de 3ºA onde co gallo do Día da Paz inauguraron a Vila da Igualdade.Vila chea de harmonía e fermosura elaborada de forma autónoma polas nenas e nenos de 3ª A con recortables achegados pola Biblioteca Escolar.
Este ano imos adicar o Día da Muller e a Nena na Ciencia a unha científica máis próxima: María Wonenburguer, coñecédela?
Preme e infórmate!
O 11 de febreiro virán Mª José Souto e Ana Tarrío, profesoras da Universidade da Coruña para falar de Mª Wonenburguer ao alumnado maior da escola , pero antes podes investigar sobre esta muller tan importante para a ciencia que ata un premio leva o seu nome.
Ela é unha matemática que estudou e desenvolveu a Álxebra. Sabedes o que é? No instituto avanzaredes nela agora chéganos con saber que podemos dividir a álxebraen:
Álxebra elemental: estuda as regras que gobernan as ecuacións nas que se empregan símbolos abstractos para denotar cantidades numéricas, e a resolución de problemas polo emprego destes símbolos e regras.
A súa vida profesional estivo marcada polo feito de ser muller pero diso falarannos o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
Parabéns a Mª José Souto e Ana Tarrío e moitas grazas por vir á nosa escola para achegarnos a figura de María Wonenburguer,
salientable matemática que con moito esforzo triunfou nun mundo moi masculinizado e rematou axiña a súa labor profesional, a pesar da súa gran valía, probablemente marcada pola súa condición feminina nunha sociedade chea de estereotipos machistas, .
Aquí tedes unhas imaxes desta actividade:
Na nosa biblioteca este curso temos bastante bibliografía nova sobre a muller e tamén sobre as mulleres na ciencia pero estes días chegounos un cómic.
Líchedes xa o novo cómic da biblioteca? Igual non vos deu tempo, aquí tedes un video a maneira de adianto.
Interesante, non?
Podes ler o cómic, ademais de na biblio, premendo na súa portada:
Aquí vos deixamos actividades para comezar o 2º trimetre. A pasalo ben aprendendo moito!
Para o novo tema de Naturais e para a saúde de cada día:
En Sociais imos coñecer mellor España e Europa:
Preme en España e Europa.
Prctica nos mapas políticos de Españ e Unión Europes
Xoga e aprende!
Matemáticas: Aquí tedes un enlace con moita información sobre os decimais, mirade principalmente os apartados das operacións. Ao final nos xogos vén un kahoot!!!
Castelán: Acentuamos.
(Preme nos 2 rótulos e practica logo de repasar no noso libro)
En galego imos cos pronomes persoais, botádelle un ollo a esta actividade interactiva. ë completa e divertida!